Amosando publicacións coa etiqueta lentellas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lentellas. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de xullo de 2018

Falafel de lentellas e quinoa

Bo día, bolboreteir@s! Por Viveiro estamos con moito rock e metal co Resurrection Fest aínda que nós só temos ollos para as opos de momento. Así que o que realmente nos fai resucitar son pratos como o que hoxe presentamos, con propiedades múltiplas e unha chea de sabor.
Xa sabemos que sodes moitos os amigos e amigas do falafel, mais talvez non experimentastes nunca con variantes do mesmo. Segue a ser un prato vegano, claro, mais cambiando practicamente boa parte dos ingredientes e dando o protagonismo dos garavanzos a outro legume: as lentellas, tan adoradas por moitos de nós.
Ides ver ademais que non ten apenas complicación sexades mellores ou peores cociñeir@s. 
Xa sabedes, se queredes sorprender, velaquí tedes un prato ben gustoso! 



Falafel de lentellas e quinoa


Ingredientes:

  • 400 g de lentellas cocidas
  • 150 g de cenoria relada
  • 100 g de copos de quinoa
  • 1 cebola relada
  • Coantro ao gusto
  • Pementa moída
  • Sal
  • Aceite de oliva

martes, 15 de setembro de 2015

Lentellas da casa

Xa vedes, 15 de setembro mais un tempo que vai do outonal ao invernal con fortes ventos, chuvia e vaia, de frío chégalle ben tamén para o mes en que estamos... Cómpre dicir tamén que nós somos moi friorentos. E isto lévanos a pensar en pratos quentes de culler dos que adoitamos tirar máis no inverno mais que nós xa estamos recorrendo a eles. 
Revisando o noso blogue, víamos que até o de agora tiñamos algún oco posto que apenas presentamos receitas de prato fondo coma esta, así que hoxe é un bo día para comezar. E por suposto facémolo cunha das nosas preferidas desde ben pequenos, de feito recollemos aquí a receita que chegou a min por miña avoa e miña nai, non modificándomos nada dela para respectar a tradición familiar que deu coas lentellas perfectas para o noso gusto.
A pesar de que as lentellas non adoitan caracterizarse pola súa estética nin pola novidade, si as queriamos traer tamén ao blogue para lle facer a vida máis sinxela a aquelas persoas máis novas que están comezando a cociñar e lle teñen algo de medo a clásicos gastronómicos. Non resulta máis complexo preparar unhas boas lentellas do que unha pizza, así que non quededes con ganas delas.

Lentellas da casa


Ingredientes (para 4 persoas):

  • 1/2 taza de lentellas
  • 1 chourizo
  • 3-4 lascas de xamón
  • 1 cebola
  • 1 tomate
  • 1 cenoria