Amosando publicacións coa etiqueta galletas nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta galletas nadal. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de decembro de 2017

Galletas de xenxibre

Bolboreteir@s! Segue a conta atrás para as comiolas máis potentes do ano, tamén as que serven para despedilo así que imos procurar facelo de forma moi saborosa.
Hoxe cunha receita ideal para @s que tedes peques na casa, xa que seguro que adoran o boneco de xenxibre, que non ten unha longa tradición en Galiza mais que se foi incorporando como símbolo natalicio a través de deseños, filmes e rede. Non ten, iso si, aínda apenas visibilidade na nosa repostaría mais nós quixemos facerlle un oco en Bolboretas no bandullo co obxectivo de lanzalo até os vosos fogares.
Xa sabedes, o boneco de xenxibre nace no conto de Nadal no que sae con vida do forno da avoa procurando fuxir mais remata co desenlace agardado para calqueira larpeirada, sendo devorado.
Hai que dicir, que aquí tampouco fuxiu ningún. Bonecos ao bandullo!
Ollade que receita máis divertida e apetitosa!



Galletas de xenxibre



Ingredientes:


  • 260 g de fariña
  • 150 g de manteiga
  • 100 g de azucre moreno
  • Unha culleriña de bicarbonato
  • 1 culleriña de xenxibre en po
  • 1 culleriña de canela en po
  • 1 ovo