Bo día, bolboreteirxs! Hoxe traémosvos unha receita moi moi lambona, unhas galletas deliciosas e moi chocolateadas. Tíñamos ganas dunhas galletas recheas e cando nos convidadaron uns amigos a merendar a semana pasada, non o dubidamos, esta era a receita perfecta.
Tiñamola anotada desde hai tempo porque son destas lambiscadas que nos levan a vida cando pasamos por diante dunha pastelaría e ademais, non adoitan ser baratas. Así pois, esta era unha moi boa oportunidade para nos dar unha homenaxe e gozar do crocante que sempre presta das galletas e da cremosidade exitosa que ofrecen sempre as famosas cremas de cacao. Unha combi das que triunfa e que non podemos máis que vola recomendar porque... si, é unha auténtica delicia!
Galletas con chispas de chocolate recheas
- 250 g de fariña
- 150 g de azucre
- 110 g de manteiga
- 1 ovo
- 1 cullerada de vainilla
- 3 g de lévedo
- 3 g de bicarbonato
