Bo día, bolboreteirxs! Hoxe traémosvos unha receita moi moi lambona, unhas galletas deliciosas e moi chocolateadas. Tíñamos ganas dunhas galletas recheas e cando nos convidadaron uns amigos a merendar a semana pasada, non o dubidamos, esta era a receita perfecta. 
Tiñamola anotada desde hai tempo porque son destas lambiscadas que nos levan a vida cando pasamos por diante dunha pastelaría e ademais, non adoitan ser baratas. Así pois, esta era unha moi boa oportunidade para nos dar unha homenaxe e gozar do crocante que sempre presta das galletas e da cremosidade exitosa que ofrecen sempre as famosas cremas de cacao.  Unha combi das que triunfa e que non podemos máis que vola recomendar porque... si, é unha auténtica delicia!
Galletas con chispas de chocolate recheas
- 250 g de fariña
- 150 g de azucre
- 110 g de manteiga
- 1 ovo
- 1 cullerada de vainilla
- 3 g de lévedo
- 3 g de bicarbonato
- Un chisco de sal
- Crema de cacao e abelás
- Chispas de chocolate
Utensilios: unha cunca, unha espátula ou un batedor, manual ou eléctrico, unha bandexa apta para o forno e papel vexetal.
Elaboracion:
Para comezarmos, temos de facer o recheo. Para iso, collemos varias culleredas da crema de cacao e abelás poñémolas nun papel vexetal, tapamos e conxelamos. 
Nunha cunca, mesturamos o azucre coa manteiga, que debe estar fría e cortada en cubos. 
Agregamos o ovo. 
E a vainilla. 
Mesturamos a fariña, o sal, o lévedo e o bicarbona e ímola integrando, pouco a pouco, ao resto da masa, até ter unha masa homoxénea. 
Botamos as chispas de chocolate. Nós cortamos unha tableta de chocolate con leite. 
Separamos a masa en porcións de 90-100g, aplanámolas e poñemos a crema de cacao e abelás. 
Pechamos, cubrindo ben a crema, e poñemos un pouco máis de choclate. 
Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 15 minutos, ou até que vexamos que se douran os bordos.
E xa estarían listas para comer! Agardamos que vos gusten. 
Unha receita moi sinxela e espectacular, quedan deliciosas. 















 
Ningún comentario:
Publicar un comentario