venres, 25 de abril de 2025

Baos de polo picante

Ola, bolboreteirxs! Aquí estamos unha semana máis cunha nova receita. Desta volta, o peque tiña antollo de pan bao e decidimos facer baos recheos de polo picante, para el reducimos o a cantidade de picante mais igualmente estaban deliciosos.
A verdade é que estes pans, que son tan sinxelos de facer, son moi versátiles porque podemos xogar cos ingredientes que máis nos gusten ou os que teñamos pola casa. Alén de que se vos gusta a cebola, recomendámovos ter un bote de cebola encurtida, xa que lle vai dar un toque diferencial aos vosos pratos: ensaladas, hamburguesas, pizzas...
Oxalá vos guste, aquí vola deixamos.



Baos de polo picante


Ingredientes:

  • Pan bao
  • Cebola encurtida
  • Leituga
  • Salsa maionesa
  • Polo picante:
    • 100 ml de siracha mayo      
    • 100 ml de auga
    • 1 cullerada de allo en po
    • 1 cullerada de cebola en po
    • 1 cullerada de ourego en po
    • 1 cullerada de pementa doce
    • Pementa moída
    • Pan relado
    • AOVE


Utensilios: unha tixola, un garfo e unha culler.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de facer o pan bao (ou mercalo). Aquí vos deixamos a nosa receita


O mesmo nos pasa coa cebola encurtida. Receita aquí


De seguir, temos que preparar o polo, porque tamén que repousar. Para iso, mesturamos a siracha mayo, coa auga, o allo, a cebola, o ourego e as pementas. 

    

Botamos os filetes de polo, impregnámolos ben e deixamos que repousen, mínimo, 2-3 horas. 


De seguir, escoámolos un pouco e pasámolos polo pan relado. 


Fritímolos e pousámolos en papel absorbente para eliminar o exceso de AOVE. 


Empezamos a montar os baos. Primeiro a leituga. 


O polo cortado en tiras. 


A cebola. 


E a maionesa. 


Pechámolos e xa estarían listos para comer!


Agardamos que vos gusten e que poñades en práctica a receita.
 


Como vedes, é unha receita moi moi saborosa! Podedes xogar co recheo dos baos ou incluso facer o polo só, que queda espectacular! Oxalá vos guste!
Aperta forte, bolboreteirxs!
Lémonos!




Ningún comentario:

Publicar un comentario