Amosando publicacións coa etiqueta falsa bechamel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta falsa bechamel. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de xaneiro de 2016

Brócoli con falsa bechamel e cogomelos ao forno

Amig@s lambereteir@s, xa estam@s aquí unha vez máis para vos traer un prato revolucionario para a vosa alimentación variada e saudábel. Se xa hai tempo que vimos comendo máis e máis brócoli, pois xa decidimos elevar esta verdura aos altares gastronómicos con esta receita en que se lle saca o máximo partido.
Derivados lácteos, verduras, especias ou fungos teñen cabida nesta delicia que nos pode recordar en certa medida á lasaña, mais que presenta uns trazos ben específicos. 
Non servirán as excusas para aqueles/as que din que non quedan fart@s coas verduras, que non @s sacia o suficiente. Unha ración deste brócoli deixa contento o bandullo máis exixente. Ademais xa sabedes as múltiplas propiedades deste alimento, entre elas a alta cantidade de vitamina C e unha chea de fibra alimentaria.
A pesar de que se escoita moito por aí, a denominación brecol, recordade que en galego debemos chamarlle brócoli, aínda que iso non variará o sabor ;-)

Brócoli con falsa bechamel e cogomelos ao forno

Ingredientes:

  • 1 brócoli grande (ou 2 pequenos)
  • 350 gr de cogomelos variados 
  • Falsa bechamel (receita aquí)
  • Queixo relado 
  • 2-3 dentes de allo
  • 1/2 culleriña de cúrcuma

sábado, 26 de decembro de 2015

Lasaña de espinacas e cogomelos

BO NADAL!! Veu ou Apalpador ou non veu? De seguro que si, que el adoita cumprir. E nós tamén cumprimos, por iso, como cada sábado imos cunha nova receita.
Desta volta dubidamos bastante entre unha outra larpeirada do Nadal ou un prato saudábel de compensación de excesos. Como vedes, finalmente optamos polo segundo.
É verdade que non é a primeira vez que optamos por vos presentar unha lasaña. Principalmente porque é un gran recurso para a nosa cociña e porque nos encanta degustala mais tamén elaborala, sobre todo cando hai convidad@s :-)
Porén, non vos traeriamos receitas idénticas ás de veces anteriores polo que tentamos darlle unha outra volta a esta pasta neste novidosísimo bechamel que, seguro seguro, vos vai facer tolear. É unha receita "falso bechamel" feito con cabaciña que tomamos prestada do novo libro de Isasaweis.
Ollando os ingredientes xa comprobades que san e dixestivo é este prato. Outra cousa é que vos resistades e só comades unha ración, hahaha.


Lasaña de espinacas e cogomelos

Ingredientes (para 6 persoas):
  • 15 láminas de lasaña
  • 500 gr de espinacas
  • 250 gr de cogomelos
  • 1 cebola
  • 1 bóla de mozzarella
  • Queixo relado
  • Aceite
  • Allo en po