Bo día, bolboreteir@s! Hoxe traemos unha
receita que tiñamos ganas de preparar hai ben tempo. As cremas son garantía de
éxito sempre e para nós que somos fans dos fungos esta é unha delicatessen. Ademais, é unha especie de
Madalena de Proust para nós pois era un clásico da nosa infancia xunto coa de
espárragos, aínda que ben é certo que esta era de supermercado e unha vez
degustada a caseira, fica a outra xa no esquecemento.
No noso frigorífico nunca faltan cogomelos e
champiñóns xa que é un complemento ideal para carnes e pescados cunha chea de
propiedades nutritivas. E agora, xa temos saída para esas ocasións en que
sobran uns poucos e non sabemos onde encaixalos. Esta crema rouboounos o
corazón. Ou máis ben, o bandullo.
Como o noso inverno se está a alongar en
demasía, ollemos pola parte positiva: non hai fin para as cremas caseiras.
Viva!