Bo día, bolboreteirxs! Como vai todo? Aquí esta semana está empezando así que precisamos adozar un pouco as próximas xornadas e para iso traemos un clásico da infancia, un dos nosos favs en versión caseira.
Só a palabra "lambetadas" xa provoca alegría pero cando dedicamos un tempo en familia a preparalas, só queda gozar do sorriso dos peques e do resultado.
Como sempre comentamos, hai receitas que compensan máis facelas na casa e outras menos. Esta desde logo resulta, ao noso parecer moito máis sabedeira e natural desta forma. Ademais, de que nos permite libre elección de sabor, forma... pura fantasía!
Lambonadas de amorodos
Ingredientes:
- 150 g de amorodos
- 100 g de azucre
- 50 ml de auga
- 1 sobre de xelatina neutra
