Amosando publicacións coa etiqueta chile. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta chile. Amosar todas as publicacións

sábado, 5 de novembro de 2016

Chile con carne (á galega)

Bo día, bolboreteir@s. Chegou o día de desvelar o misterio do prato de hoxe que xa vos fomos adiantando polas diferentes redes sociais. Moit@s de vós aproximástesvos e outr@s destes ideas para o futuro ben apetitosas.
Ben, pois hai unhas semanas inspirounos a colega de Quero Xamón ao publicar unha receita saborosísima de Chile con carne e pensamos que chegara o momento, despois de tela pendente durante tempo, de a elaborarmos nós tamén. Esta semana puxémonos con ela e foi cando ollando ao noso arredor, na cociña, cando decidimos darlle un toque persoal, galeguizar o prato orixinario de Texas cun elemento identitario da nosa gastronomía como son os pementos de Padrón. Mais claro, podedes pensar que con iso arriscámonos a que non pique pois xa sabedes o caprichosos que estes pementos son, non? Porén, iamos sobre seguro pois estes eran de tarde, dos que deixamos medrar na horta quedando xa agora só aptos para @s máis valentes posto que fican feros.
Ninguén na casa os quixo apañar así que decidimos darlle proveito, e esta receita era a mellor opción. Engadimos pois estes pementos galegos (aínda que non puidemos evitar botar tamén un chile) e logramos un prato saboroso, intenso e con eses matices tan curiosos que xa nos deixara no padal o chile con carne que tiñamos probado por aí.
Aí vai a última delicia de Bolboretas no bandullo:


Chile con carne (á galega)


Ingredientes:

  • 200 g de carne picada
  • 200 g de fabas vermellas
  • 150-200 g de tomate triturado
  • 100 ml de auga
  • 5-6 pementos de padrón
  • 1 tomate
  • 1/2 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 culleriña de comiño
  • 1 culleriña de pemento picante
  • 1 culleriña de ourego

sábado, 27 de febreiro de 2016

Shepherd's pie

Resistíndomos esta fin de semana invernal que nos vén enriba, recuperamos a sección de receitas internacionais para dar a coñecer un prato británico que elaboramos nesta semana. Adoita dicir que o Reino Unido ten moitas calidades, mais que a cociña non é unha delas. Nunca concordamos con este tópico, xa que aínda que non destace gastronomicamente tanto como outras nacións, hai un amplo abano de delicias para escoller. Despois, certo é, que gustará máis ou menos o estilo, mais hai moito máis do que en ocasións podemos pensar.
Temos bo exemplo neste Shepherd's pie, completísimo e moi moi saboroso. Aínda que tradicionalmente o sheperd se elabora con cordeiro, ao non gustarmos moito desta carne, prefirmos facela coa de porco. Tamén porque sempre temos unha pouquiña gardada no conxelador para nos sacar de calquera apuro. Ben é certo, que nós coñecimos esta receita a través dos EUA, e alí, a ternera resulta máis recorrente.
Sexa cunha ou outra, en función dos comensais, difícil será vermos quedar con fame a alguén xa que presenta bastante potencia. E como non, sabor, moito sabor!

Shepherd's pie

Ingredientes:
  • Puré de pataca (receita aquí)
  • Queixo relado
  • 500 gr de carne picada
  • 8-10 cogomelos
  • 1/2 brócoli
  • 1 tomate

mércores, 7 de xaneiro de 2015

Revolto mar e terra

Comezada oficialmente a época de recuperación dixestiva e de depuración. Xa presentamos aquí moi diversas larpeiradas e pratos contundentes para encher ben o bandullo nestas festas, mais como todos os anos convén comezar a compensar os excesos. Por isto comezamos cunha receita lixeiriña e moi dixestiva que vos serve tamén para aproveitar algún dos mariscos que vos sobrou destes últimos días de enchentas. A nós só nos quedaron unhas gambiñas por aí, mais seguro que moit@ de vós tiñades algún langostino, mexillóns, ameixas ou mesmo se somos moi optimistas, algún cachiño de lumbrigante :-) Pois de seguirdes esta receita, podedes lle dar un bo proveiro e creardes un prato... máis que delicioso.
Conviría non encher moito o prato, porque aínda non sendo pesado, o estómago xa vén de moita carga nestes últimos días. Mais non quededes con fame, haha! A combinación de cogomelos e xamón sempre é do máis exitosa, mais se incorporades un pouco de marisco ou mesmo peixe achégalle un toque a mar que crea unha combinación moi moi interesante. A ver que vos parece.
Ah, e ao rematardes de ler a receita... a desexada resolución do sorteo. Abaixo tedes @s gañadoras/es! 


Revolto mar e terra

Ingredientes (para 2 persoas):
  • 100 gr de cogomelos
  • 100 gr de gambas
  • 50 gr de xamón
  • 5-6 langostinos 
  • 1 cebola
  • 2-3 dentes de allo
  • 1 chile
  • 1 ovo (opcional)
  • 1/2 vaso de viño branco