Bolboreteir@s, como levades o peche de xullo? Moit@s estaredes a piques de comezar as vosas vacacións así que supoño que coa máxima ilusión. E para @s que as estades acabando, ánimo, que a vida ten moito por desfrutar no día a día.
Nós, como xa sabedes, desfrutamos acotío da elaboración de múltiplas receitas en función do que se nos vai vindo ao maxín ou do que temos pola casa. Desta volta, recollemos da horta unha chea de coliflores e, tivemos que discorrer algo para as aproveitar. Entre outras, destacamos esta idea que aquí hoxe vos traemos por supor unha forma totalmente diferente de comer esta verdura ao que estamos acostumados.
Insistimos sempre na importancia de ofrecer dinamismo á alimentación tentando cociñar os produtos de diversas formas para coñecer novos sabores e tamén para non nos afacer a sempre o mesmo. Así pois, estes bocados de coliflor han de vos ser de axuda e se tedes peques pola casa suporán unha excepcional oportunidade para @s achegar á verdura. Aí o tedes!
Bocados de coliflor
Ingredientes:
- 700 g de coliflor
- 1 cebola
- 3-4 champiñóns
- 150 g de fariña
- 1 ovo
- 1 culleriña de curry
- Pementa moída
- Sal