Bo día, bolboreteirxs! Feliz ano 🥂! Como se presenta este 2025? Para nós, cheos de ilusión e preparándomos o primeiro aniversario da peque e o máxico día de Reis!
E, ademais, hoxe traémosvos a primeira receita do ano 🤩 e, neste caso, facemos unha carne cun sabor espectacular, e adictivo 🤤! É ideal para facérmola un día de celebración ou simplemente para alegrármosnos cunha comida deliciosa 😋!
Solombo en salsa de mel e mostaza
Ingredientes:
Para a salsa:
- 5-6 dentes de allo
- 1/2 cunca de mel
- 1/2 cunca de mostaza
- 2 culleradas de siracha
- 3-4 culleradas de salsa de soia
Utensilios: unha tixola, unha fonte apta para o forno (nós usamos a mesma tixola, xa que ten mango extraíbel), unha táboa e un coitelo, un par de cuncas e culleres.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de mesturar o allo en po, a cebola en po, o pemento doce, o pemento picante, o ourego, o romeu, o tomiño e a pementa moída. Empoamos a carne con ela e, se podemos, deixamos repousar varias horas no frigorífico.
Pasado ese tempo, douramos a carne, a lume alto, nunha tixola con chisco de AOVE, aproximadamente 2 minutos por cada lado.
Mentres tanto, preparamos a salsa mesturando moi ben todos os ingredientes (allo, soia, mostaza, siracha e mel).
Pasamos a carne dourada á fonte de forno e botamos a metade da salsa.
Enfornamos a 220º, calor arriba e abaixo, durante 15 minutos, tapamos con papel de aluminio e baixamos o forno a 180º. Cociñamos durante 30 minutos, agregamos o resto da salsa e deixamos no forno 30 minutos máis.
Deixamos que repouse un momento e cortamos en lascas finas! E xa estaría lista para comer. Esperamos que vos guste.
Como vedes, é unha forma diferente de asar o solombo, coa que necesitamos pan ou patacas para mollar esa salsa 😋🤤! Xa nos contaredes se vos gusta e oxalá a poñades en práctica. Se mirades máis abaixo, o peque deu a súa aprobación.
Mil grazas, bolboreteirxs, por seguir as novas aventuras un ano máis! Oxalá sigamos xuntxs moitos máis 😘!
Aperta fortísima! Lémonos 😉😍❤️!
Ningún comentario:
Publicar un comentario