sábado, 21 de novembro de 2020

Solombo á mostaza

Boas, bolboreteir@s! Como imos neste novembro sen bares? Non nos podemos queixar moito que canto menos estamos a ter sol para saír pasear. Aquí agradecémolo moito, sobre todo polo peque. 

E esta maña dedicámolo a organizar un pouquiño as cousas da casa e a preparar algunha receita nova. Alén da lambetada que vos presentaremos proximamente, traemos hoxe unha carne cociñada dun xeito pouco tradicional mais moi sinxelo e sobre todo saboroso, que é o que nos interesa aquí. 

Desta volta, procuramos inspiración e encontrámola na canle de Youtube de "Cocina con Carmen". Así pois, recreamos a idea para compartir cos nosos amig@s lectores. Aí vai!



Solombo á mostaza



Ingredientes (para 2 solombos):

     
  • 2 solombos
  • 2 cebolas
  • 2 dentes de allo 
  • 4 culleradas de mostaza
  • 2 culleradas de mel
  • 300 ml de caldo 
  • 200 ml de cerveza
  • Aceite de oliva
  • Pementa moída
  • Sal


Utensilios: unha pota baixa, unha táboa, un coitelo e un batedor eléctrico. 




Elaboración:

Para comezarmos, temos de cortar os solombos en lascas e douralos en dúas culleradas de aceite. Retiramos e reservamos. 


Nese mesmo aceite, rustrimos as dúas cebolas e os dentes de allo, ben picadiños. 


Cando abrande a cebola, agregamos 2 culleradas de mostaza.


 E a cerveza. 


Deixamos ferver 2 minutos e agregamos o caldo. 


Cociñamos 10 minutos.


Trituramos e botamos o resto da mostaza, botamos os solombos. Salpementamos ao gusto. 

Cociñamos 20 minutos máis. 

E xa estaría listo para comer! 


Agardamos que vos guste e que nos contedes que tal a preparación. Os que gustades de experimentar ides adorar. E os demais... tamén, seguro. Forte aperta, bolboreteir@s!

2 comentarios: