martes, 14 de maio de 2019

Pesto trapanese

Bo día, bolboreteir@s! Non vos derretestes? A nós pouco nos queda. Para os que non sodes moi amigos da calor, tranquis. Ui, parecemos o parte metereolóxico no sitio dun blogue gastronómico, haha.
Ben, imos ao tema. Nesta fin de semana pasada visitamos un italiano que abriu hai pouco na Coruña, Ginos. Ficamos moi satisfeitos tanto coa lasaña como coa pizza. Vale, ben tampouco somos un Tripadvisor. Para o caso, encontrámonos co pesto, que había tempo que non preparabamos e claro... idea!
Así pois, procurando inspiración na rede, coñecemos este pesto, que deriva da zona de Trapani, en Sicilia (Italia) e executámolo. Ollo, non vén só. Aquí a preparación para as vosas pastas ou o que consideredes.



Pesto trapanese


Ingredientes:

  • 300 g de tomate
  • 50 g de améndoas
  • 50 ml de aceite de oliva
  • 30 g de parmesano
  • 25 g de alfábega fresca
  • 1 cullerada de allo en po



Utensilios: unha picadora, un coitelo e unha cunca. 


Elaboración:


Para comezarmos, pelamos os tomates e botámolos no vaso da picadora, agregamos tamén as améndoas, a alfábega e o dente de allo. Trituramos moi ben.


Engadimos o parmesano e o aceite e trituramos de novo.


E xa estaría listo para comer! 


Agardamos que vos guste! 

O sábado teredes a continuación, unha receita que mantén este pesto como base e que sorprende e moito. Entretanto, toca gozar desta creación ben apetitosa. Aperta forte, amig@s!

2 comentarios:

  1. Me llevo la receta de este pesto saludable a este paso voy a tener que hacer un pacto con el diabolo me faltan años para hacer todas las recetas que veo cuando visito blogs amigos ,se me antoja todo y todo vamos que me llega hasta el infinito y mas alla jajaja.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha! A nós tamén nos pasa! A listaxe de receitas é interminábel 😬

      Eliminar