Bo día, bolboreteir@s!! Agora si, despois da emoción da fin de semana co comezo no Youtube con eses pasteliños de patacas e nabizas, comezamos o ciclo depurativo. Foron moitos os excesos do Nadal, ao igual que todos os anos claro, e agora toca compensar un pouco con receitas saudábeis coas que non perderemos o gusto e goce culinario, por suposto.
Así, a primeira destas opcións foi unha ocorrencia de hai unhas semanas na que sobraron uns poucos garavanzos da elaboración do bocadillo de salchichas vegano, do que vos deixamos aquí a receita, e que como non queriamos desaproveitar pois maxinamos un pouco nunha opción que podemos dicir que bate récord de sinxelexa pois apenas se preparan en dous minutos, sen exaxerar.
E parece que non, mais con nada máis que os pasos que vedes a seguir, este legume adquire unha outra dimensión pois devorámolos como se flocos de millo se tratar. Convértense nun petisco ao que iredes unha e outra vez. Aquí fica a idea!
Garavanzos crocantes
Ingredientes:
Utensilios: unha cunca, unha bandexa de forno e papel vexetal.
Outra opción: Se queredes utilizar garavanzos en crú, tédelos que pór a remollo o día anterior e no forno tardarán 30-35 minutos 😉 (o resto dos pasos sería igual).
Elaboración:
Para comezarmos, colocamos os garavanzos nunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal.
Engadimos as especias e mesturamos moi ben.
Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, aproximadamente 15-20 minutos, mais debemos ir comprobando para que non se pasen. Servimos nunha cunca.
E xa estarían preparados para comer!!
Non vos enganamos. Como vedes, o único que hai que agardar é que o forno traballe un pouco, pois a nós non nos toca demasiado por facer nesta receita. Bon, si, a parte clave, a de lle dar saída ao prato enviándo todo ao mellor sitio de almacenaxe: o bandullo!
Estes garavanzos crocantes supoñen unha boa opción de acompañamento para unha cea lixeira e saudábel como as que seguro xa andades a realizar nesta semana. Xa nos diredes. Agardamos as vosas novas, unha forte aperta!
que originales, tienen que ser un vicio, bicos
ResponderEliminarSii, si que o son, haha! Comes un e xa non paras!
EliminarMil grazas e bicos :*
Me parece un plato exquisito con todas las especias que le has echado.
ResponderEliminarMe gustan los garbanzos e intentaré probarlos según tu receta, muchas gracias por compartirla.
Cariños y buen fin de semana.
kasioles
Que alegría que che guste a receita! A verdade é que moi sinxela, dá moito xogo e están deliciosos os garavanzos así ;)
EliminarMoitas grazas a ti!
Unha aperta enorme!