martes, 12 de abril de 2016

Berenxenas ao mel

Vaia primavera invernal que temos, non vale moito para saír da casa. Así que, a argallar na cociña nos tempo libre que nos fica.
Estes días non se fai máis que falar da "Feria de Abril", desa grande troula sevillana. E claro, con Sevilla ás voltas, a nós veunos á cabeza o noso paso por esta cidade hai uns meses. E si, algún que outro prato gorentoso que degustamos naquelas fabulosas terrazas. E por que non animarnos a revivir momentos tan saborosos?
Por tanto, optamos hoxe por unha das larpeiradas que máis nos sorprendeu, e coa que pechamos a nosa viaxe por Andalucía, deixando moi bo sabor de boca. Realmente, xa as probáramos en Granada, nos aperitivos ao que nos convidou Puleva. Dicimos que nos sorprendeu porque nós apenas gustamos do mel, e cando fai parte dun prato, é difícil que pase desapercibido.
Porén, berenxena e mel parece que foron creados para se xuntar posto que calquera dos dous gana ao se combinar co outro. Unha mestura crocante, de suavidade e intensidade, que consideramos toda unha revelación. Que opinades?

Berenxenas ao mel


Ingredientes (para 2 persoas):


  • 1 berenxena
  • 1 cervexa
  • 2-3 culleradas de mel
  • 2 culleradas de fariña
  • Un chisco de sal
  • Aceite para fritir



Utensilios: unha cunca, papel absorbente, unha bolsa de plástico e unha tixola.


Elaboración:

Primeiramente, debemos lavar moi ben a berenxena e, se queremos, pelala. Nós non o fixemos porque non gusta con pel e lle dá un toque ácedo interesante para "loitar" contra o mel. Cortámola en bastóns (ou en lascas) e poñémola nunha cunca con papel absorbente. 


Botámoslle abundante sal e deixámola así, aproximadamente, 20 minutos. Isto facémolo para quitarlle o amargor á berenxena.


Pasado ese tempo, quitamos o papel absorbente e engadímoslle a cervexa. Deixámola repousar 20-30 minutos para que, ao fritilas, non absorban tanto aceite e sexan moito máis crocantes. 


A continuación, escoámolas e secámolas moi ben con papel.


De seguir, metémolas nunha bolsa de plástico e engadimos as culleradas de fariña. 


Pechamos a bolsa e remexemos ben para que todos os bastóns teñan unha capa de fariña. 


Despois, fritimos en abundante aceite quente até que estean douradiñas. Logo colocámolas nun prato sobre papel absorbente para eliminar o exceso de aceite.


Poñémolas na fonte en que as imos presentar e botámoslle as culleradas de mel.


E xa estarían preparadas para comer!! Agardamos que vos gusten e as fagades na vosa casa, que seguro que vos encantan!!


Pola imaxe, parecen unhas patacas fritidas, mais nada teñen a ver. Procuramos ter causado curiosidade en vós con esta receita e que proximamente saibamos dalgún bolboreteiro ou bolboreteira que nos comente do resultado. Mentres tanto, agardamos con esta larpeirada andaluza. Unha fortísima aperta!

3 comentarios:

  1. Uuuummmmmmmmmm de vicio ese plato enterito me puedo comer yo solita jajaja que suerte tienes estemos tan lejos y no pueda meter la mano en el monitor para dar cuenta de ellas me pierden.
    Te han quedado de relujo.
    Bicos mil wapisima.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahahahaha! A nós pouco nos duraron tamén... 😂😂
      Mil grazas por todo!!,

      Eliminar
  2. Como te llamás laque hizo la foto?

    ResponderEliminar