Feliz ano, bolboreteir@s!!! Xa estamos a pleno rendemento no 2016, non é? Ou algúns e algunhas aínda non se recuperaron da noitevella?
Pois hai que recoller forzas para afrontar este novo ano coa máxima das ilusións e enerxías. Este ten que ser o noso e o voso ano. Adiante!
E por iso comezamos cun prato de altísimo nivel, un clásico galego que se pode encontrar en numerosísimos restaurantes do país. Certo é que as ameixas á mariñeira non son para se faceren todos os días, principalmente pola cuestión económica, mais tamén sabemos que poucas opcións hai mellores para un xantar ou cea especial. De todas formas, non todo o mundo se pode permitir mercar ameixas para días así, principalmente por seren un número de comensais abundante o que fai un prezo dificilmente asumíbel. Por iso cómpre non desbotar a receita ás primeiras de cambio, xa que teriamos outras opcións máis económicas como berberechos ou mexillóns, tamén moi saborosas e perfectas para facer con este mollo.
Nós tiramos este luxo do maxín con motivo da noitevella e tamén por ese segundo aniversario de Bolboretas no bandullo que tan ledos nos ten.
Recordade que imos sortear unha táboa de turrón caseira de chocolate e uns nevados natalicios. De momento, xa temos máis dunha decena de participantes. Con todo, tedes aínda todo o día de hoxe e mañá até as 23 para comentardes nesta entrada do blogue, ou rechouchiardes algún dos nosos chíos en Twitter. O luns procederemos a enviar o premio ao ganador ou ganadora, para ver se o pode desfrutar para a xornada de Reis. Un agasallo humilde mais queriamos ter un detalle con tod@s vós, que logrades que isto siga adiante coa máxima ilusión.

Ameixas á mariñeira
Ingredientes:
- 2 kg de ameixas
- 2 cebolas grandes
- 3 dentes de allo
- 1 vaso de viño branco
- 1 vaso e medio de auga
- 1 cullerada de espesante instantáneo
- Unha pastilla de caldo de peixe
- Unha culleriña de pemento doce
- Unha culleriña de pemento picante
- Un pouco de pirixel
- Un chile
- Pementa moída
- Un chisco de sal
- Aceite de oliva
Utensilios: unha pota grande, unha tixola con tapa, o batedor eléctrico e unha culler de pau.
Elaboración:
Para comezarmos, cubrimos o fondo da pota con aceite e rustrimos nel as cebolas e os allos picados, finamente cun chisco de sal e o chile.
De seguir, engadimos o pirixel, tamén picado, e o viño branco e deixamos cociñar durante 10 minutos.
Batemos a salsa coa axuda do batedor eléctrico.
A continuación, engadimos a auga, a pastilla de caldo e a pementa moída, ao noso gusto.
Mesturamos ben e engadimos a cullerada de espesante instantáneo, remexemos ben e deixamos que ferva para que espese a salsa.
Engadimos as culleriñas de pemento e probamos para saber se lle falta sal ou pementa. Reservamos.
Despois, nunha tixola, sen nada de aceite, botamos as ameixas e tapamos para que se abran co vapor.
Engadimos á salsa, as ameixas e a auga que botaron.
Mesturamos moi ben e quentamos a salsa coas ameixas. Volvemos probar para saber se están ben condimentadas e xa estarían preparadas para comer!!
Talvez esteades diante dun dos nosos manxares preferidos, unha perdición coa que toleamos e que sempre estaría nas nosas escollas para o menú perfecto. A combinación das ameixas e a salsa mariñeira é xa histórica, e sabedor diso, o pan aprovéitaa para se mollar até a súa fin.
A pesar de que xa deixamos atrás os días de comidas copiosas e de celebración, queda para sempre convosco este clásico galego para os xantares e ceas máis especiais. Gardádea ben, porque seguro que lle tirades o máximo proveito. Quen sabe, talvez xa vos dades un luxo nestes días para comezar o ano gastronomicamente perfecto, haha.
Ademais, estade pendentes, porque moi proximamente seredes testemuñas dunha segunda parte para esta receita o que vos convencerá, aínda máis, de que merece a pena animarse coas ameixas á mariñeira.
Deixámosvos co prato máis saboroso do mundo e animándovos a participardes no sorteo desas lambonadas. Moitas grazas polas lecturas e polos parabéns de aniversario. Sodes xeniais! Saberedes de nós o domingo a última hora da noite. Lémonos!
Feliz Aninovo, rapaces!! Tedes unha forma estupenda de celebrar o principio do ano, ¡esta receita é das miñas favoritas para o Nadal! E pintan boísimas! Cachiss... Este ano na miña casa as comimos ó natural, pero e que é velas coa salsiña e fáiseme a boca auga! Boííísimas!
ResponderEliminarApertas grandes!
Yoly
Feliz ano a ti tamén e que todos os teus desexos se cumplan!! Nunca comimos as ameixas ao natural... sabemos que é un pecado mais non tivemos a ocasión, haha!! Mais témolas pendentes!! Coa salsa están de vicio, tes toda a razón ;)
EliminarBicos xigantes!