martes, 22 de setembro de 2015

Táboas de gruyère empanado

Inmersos xa no outono, estación que adoita ser un pouco de baixón após os meses de relax e suposta calor, convén seguirmos coas nosas receitas que vos presentamos con tanto gusto.
A de hoxe resulta unha posta en práctica dun petisco degustado nun restaurante de Viveiro. Quedamos abraiados co bo resultado que daba e pensamos en elaboralo canto antes. E aquí o tedes, un petisco orixinal que conquista todo tipo de padales queixeiros. Iso si, onde pon gruyère, poñede o queixo que máis vos praza. E que nós adoramos este queixo suízo...
Mais claro, despois dun petisco coma este, xa podedes pensar nun bo prato principal para non baixar o listón, haha. A ver que vos parece!

Táboas de gruyère empanado


Ingredientes:
  • Lascas do voso queixo preferido
  • Fariña
  • Ovos batidos
  • Pan relado
  • Especias ao gusto (ourego, alfábega, pirixel etc.)
  • Aceite para fritir

Utensilios: táboa, coitelo, pratos, tixola e papel absorbente.

Elaboración:

Para comezarmos, temos que cortar lascas do noso queixo favorito. Nós, nesta ocasión, escollemos o gruyére.


A continuación, aromatizamos o pan relado coas especias que máis nos gusten; nós engadímoslle pirixel e ourego. 


De seguir, preparamos outros dos pratos coa fariña e os ovos batidos. Como vedes, non vos damos cantidades ya que dependerán da cantidade de queixo que utilicedes.  



Primeiramente, pasamos as lascas pola fariña. 





Despois, polo ovo batido. 



E, finalmente, polo pan relado aromatizado.


Colocamos as lascas empanadas nun recipiente e conxelamos durante, mínimo, unha hora. 


Pasado ese tempo, fritímolas en abundante aceite até que se doure. Nos vos preocupedes se o queixo sae un pouco xa que é o normal ao estar tan quente o aceite. Poñémolas sobre papel absorbente para eliminar o exceso de aceite.


Servímolas acompañadas dalgunha salsa que vos guste, como por exemplo maionesa allada ou mostaza. E xa están listas para comer! 


Xa sabemos dalgún e dalgunha aos que se lles está facendo a boca auga. Lóxico! Se xa o queixo está bo, cando non nos gusta nestas ocasións en que está medio derretido...mmmm. E ademais, a acumulación de especias, dálle un toque aínda máis fresco e especial. En definitiva unha delicia que vos creará adicción. 
Pasade un martes moi saboroso se pode ser con algunha receita de Bolboretas no bandullo. Unha grande aperta bolboreteira!

4 comentarios:

  1. Uuummmm no dudo ni un segundo que ese queso asi este de muerte relenta yo lo hago con quesitos o con camembert ,a las fotos me remito babeando me voy que lo sepas.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois tamén teñen que estar moi bo con eses queixos, xa probaremos ;)
      Un bico e grazas por comentar!

      Eliminar
  2. Que rico se ve el queso fundido con la corteza crujiente! Lo haré seguro

    Un qbrazo

    ResponderEliminar