Amosando publicacións coa etiqueta natillas caseiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natillas caseiras. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de marzo de 2015

Cremas de ovo da casa

Un outro sábado e como xa sabedes, día de receita e como non, dunha nova larpeirada. Encaprichóusenos xa hai unhas semanas facer unhas cremas de ovo caseiras xa que normalmente comiamos as do super ou faciamos as de sobre. Así pois quixemos probar para ver as diferenzas, que si, existen. Unha sobremesa tradicional que gusta a tod@s e que ademais ten a vantaxe de ser apta para celíac@s, con non botarlle a cobertura de galleta abonda.
Nós, ademais fixémolas un pouco máis lixeiras, para pór un suave peche a un completo xantar ou cea. Así, de seguirdes esta receita notaredes que non son tan espesas como outras cremas de ovo. Iso si, se as preferides máis espesas redes que endadir unha pouca máis de maicena.
Como xa sabedes, esta dozura vénse denominando co nome español, natillas, mais xa vedes que esa terminación -illa é un pouco sospeitosa así que optamos por esta denominación, que nos dá máis confianza. Aínda que si, chamemos como lles chamamos están riquísimas. Ollade:

Cremas de ovo da casa

Ingredientes (para 8 natillas):
  • 1 l de leite
  • 200 gr de azucre
  • 8 xemas de ovo
  • 15 gr de maicena
  • A monda dunha laranxa
  • Un chisco de canela
  • Para decorar (opcional): galletas