Amosando publicacións coa etiqueta iogur de amorodo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta iogur de amorodo. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de abril de 2017

Petit-suisse caseiros

Amigos bolboreteir@s, por aquí non entendemos de festivos nin de procesións (excepto nas que desfilan os menús de buffet libre, haha). Seguimos pois coas nosas receitas e continuamos tamén co noso percorrido como youtubeir@s cunha achega especial, chea de recordos e sabor natural.
Desde hoxe, non vos poderedes resistir a probar esta receita de Petit-suisse caseiro (clicade aquí para ver o vídeo) . Que si, que si, que é posíbel e moi moi sinxelo. E moit@s desconfiarán do resultado parecido xa que este tipo de produtos de mercado sempre teñen unha mimese complexa. Pois explicámosvos. A textura é idéntica e ides notar que o sabor é moi parecido mais percíbese perfectamente que hai un sabor de amorodos moito máis intenso e natural, o que, ao noso modo de ver, dá un salto de calidade a esta lambetada.
Se xa nos dicían que tiñamos que para medrar había que comer petit-suisse, como papemos estes deixa a ver se non chegamos á lúa. Imos entón con esta delicia nostálxica. A por eles!


Petit-suisse caseiros



Ingredientes:


  • 500 g de amorodos
  • 250 g de queixo crema
  • 150 g de azucre
  • 100 ml de nata
  • 2 culleradas de callada