Chegamos hoxe un pouco tarde, mais chegamos, que é o importante, ou non? E facémolo arrasando, cun clásico da gastronomía galega, arroz con choco na súa tinta.
Non sabemos moi ben o motivo mais este sempre foi un prato ao que lle tiñamos certo respecto, e de feito, nunca até agora probaramos a facelo. Aproveitabamos as oportunidades para degustalo naquelas casas de xantar que ofrecen este manxar. Mais agora xa non será preciso agardar a que nolo cociñen fóra. Na receita de hoxe aclaramos todo o necesario para lograr esta larpeirada marítima. Aínda que a clave, como xa dixemos na última receita de choco en salsa, está no produto. E o noso é de 10, grazas a un mariñeiro viveirés de moita arte e solidariedade. Grazas a el unha outra vez :-)
Vai pois, un novo agasallo gatronómico para vós:
Arroz con choco na súa tinta
Ingredientes (para 4 persoas):
- 1 choco mediano
- 1 cunca de arroz
- 1 pemento vermello
- 1 cebola
- 1 tomate
- A tinta do choco
- 1 vaso de viño branco
- 2-3 culleradas de aceite
- Auga
