E unha volta máis traémosvos un bocadiño da nosa querida Italia, unha receita que para algúns será descoñecida mais non para @s que gostades dos pratos italianos, arancini!! Son típicas da zona de Sicilia (como tantas outras marabillas gastronómicas) e como ides ver a súa forma típica é moi similar á das croquetas, aínda que hai outras variantes máis alongadas. Nós era a primeira vez que nos atrevíamos con este prato e a verdade é que quedamos moi contentos co resultado. Por certo, o nome vén pola súa cor laranxa, arancia. Aí vos vai!
Arancini
- 500 gr de arroz
- 4 ovos
- 60 gr de manteiga
- Queixo relado ao gusto
- Pan relado
- Auga
- Para o recheo: xamón con queixo, espinacas con queixo, cogomelos con queixo etc.