luns, 29 de maio de 2023

Lambonadas de amorodos

 Bo día, bolboreteirxs! Como vai todo? Aquí esta semana está empezando así que precisamos adozar un pouco as próximas xornadas e para iso traemos un clásico da infancia, un dos nosos favs en versión caseira. 
Só a palabra "lambetadas" xa provoca alegría pero cando dedicamos un tempo en familia a preparalas, só queda gozar do sorriso dos peques e do resultado. 
Como sempre comentamos, hai receitas que compensan máis facelas na casa e outras menos. Esta desde logo resulta, ao noso parecer moito máis sabedeira e natural desta forma.  Ademais, de que nos permite libre elección de sabor, forma... pura fantasía!





Lambonadas de amorodos


Ingredientes:

  • 150 g de amorodos
  • 100 g de azucre
  • 50 ml de auga    
  • 1 sobre de xelatina neutra
  • 1 cullerada de vainilla





Utensilios: un cazo, moldes, batedor manual e eléctrico e un prato. 


Elaboración:

Para comezarmos, temos de lavar ben e triturar os amorodos. Reservamos.


De seguir, mesturamos o azucre, a xelatina, a auga e a vanilla.


Agregamos os amorodos.


Botámolo nun cazo e quentamos, a lume medio, até que se integren todos o ingredientes e se desfaga o azucre.


Repartimos nos moldes e refrixemos durante 3-4 horas.


Desmoldamos e xa estarían listas para comer! 


Agardamos que vos guste e que a poñades en práctica. 

Unha receita moi moi sinxela e ideal para os máis peques. Aínda que levan azucre, son moito máis saudábeis que as compradas! E podemos xogar a facer un montón de formas con elas. Ao facelas con amorodos, queda unha cor espectacular que atraerá a todxs os lambóns e lambonas da casa! Aperta forte, bolboreteirxs!

Ningún comentario:

Publicar un comentario