Bo día, bolboreteirxs! Que tal? Con motivo do Día da Nai (7 de maio) pedíronnos desde A Voz unha receita para podermos facer con peques e celebrar ese día tan especial. A Xiao encantoulle meterse na cociña con mami para poder facer unha lambetada, e iso que el non é moi lambón. Aínda que xa tiñamos fichada esta receita, un alumno trouxo brigadeiros caseiros un día á clase e fiquei namorada deles.
Os brigadeiros son típicos da cociña brasileira e non faltan en ningunha celebración. Son similares aos nosos bombóns xa que cando se meten na boca, desfanse deixando un sabor espectacular a chocolate. Aquí tedes a súa receita, coa que sorprenderedes a todos os comensais e oxalá que á mamá en especial!
Brigadeiros
Ingredientes:
Utensilios: un cazo, un recipiente, unha espátula e varios platos.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de derreter a manteiga nunha tixola, a temperatura media-baixa.
De seguir, agregamos o leite condensado e mesturamos até que se integren perfectamente, tardaremos sobre 2-3 minutos.
Botamos o cacao e po.
E mesturamos moi ben.
Temos de bater até que a mestura espese e, se pasamos a espátula, deixe unha liña limpa.
Botamos a crema nun recipiente e deixamos repousar, a temperatura ambiente, até que arrefríe.
De seguir, collemos pequenas porcións cunha culler pequena e, coa axuda das mans, ímoslles dando forma de bola.
Cando teñamos a forma desexada, pasámola polas boliñas e xa estarían listos para comer!
Unha receita moi sinxela e ideal para preparar cos máis peques da casa, só temos que vixiar ben cando temos a tixola encendida. Será un momento moi especial tanto se son para regalar coma se é para pasar un feliz momento en familia.
Tão simples de se fazerem,...
ResponderEliminarVotos de um excelente fim-de-semana!
Beijinhos,
Espero por ti em:
strawberrycandymoreira.blogspot.pt
http://www.facebook.com/omeurefugioculinario
https://www.instagram.com/marysolianimoreira