Bo día, bolboreteir@s! Como imos? Hoxe traemos un prato moi moi sinxelo e ao tempo tamén moi eficaz para integrarmos verduras con sabor na nosa rutina. Interesante tamén se hai peques na casa para lles ofrecer unha variedade ampla de produtos ben beneficiosos e nutritivos.
Se algo non falta no noso frigorífico, a verdade, son verduras, xa que as aproveitamos para o que sexa. É certo que en moitas ocasións actúa de acompañantes mais en receitas coma estas ocupan o papel de protagonistas principais de luxo!
Ben, aquí vos vai. Parece obvio mais a clave deste prato non está na elaboración xa que non ten compelxidade ningunha e si en contar cuns bos produtos. E se os temos acabados de saír da nosa hortiña xa sería marabilloso. No noso caso non houbo esa sorte aínda que o saboreamos inmensamente de todas formas.

Verduras gratinadas con patacas
Ingredientes:
- 3-4 patacas
- 2-3 cenorias
- 1 cebola
- 1 pemento
- 1 tomate
- Queixo relado (opcional)
- Allo en po
- Ourego
- Pementa moída
- Sal
- 1 vaso de leite
- Aceite de oliva
Utensilios: unha táboa e un coitelo e unha cunca apta para o forno.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de cortar as patacas en lascas e poñémolas como base da cunca. Salpementamos ao noso gusto.
Cortamos a cebola e o pemento en xuliana e colocámolos sobre a pataca. Agregamos allo e ourego ao gusto. A cenoria en lascas. Por último, o tomate e engadimos allo, pementa, sal e ourego ao noso gusto.
Agregamos o vaso de leite e dúas ou tres culleradas de aceite.
Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante, aproximadamente, 1 hora. Pasado ese tempo, podemos engadir un chisco de queixo!
E xa estarían listas para comer!
É un prato único lixeiro mais tamén o podemos aproveitar para acompañar un peixe ou carne. Dun modo ou outro, que vivan as verduras! Agardamos que lle estades tirando proveito ao blogue e á cociña nestes días. Moita forza e ánimo, que xa queda menos. Aperta forte, bolboreteir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario