Bo día, bolboreteir@s! Imos tentar entretervos un pouco nestes días de confinamento e seguiremos coa nosa rutina blogueira. A fin de contas hai que procurar solucións a estas semanas que se nos veñen e nas que debemos mostrar responsabilidade individual e social. E a cociña para nós é o mellor pasatempo.
Hoxe ademais traemos un deses alimentos que aínda non é ben recibido en moitos fogares e que se converteu en todo un símbolo da alimentación vegana. Aínda que a de hoxe non é receita vegana xa que utilizamos queixo normal.
Pois ben, sempre que sae o do tofu a debate, encontramos un chea de opinións dispares e moitas persoas non gustan nada. Porén, a nós parécenos un recurso de múltiplas posibilidades e unha boa mostra vai ser esta hamburguesa. Adiante!

Hamburguesa de tofu
Ingredientes:
- 1 lasca de tofu
- Pan relado
- 1/4 de culleriña de allo en po
- 1/4 de culleriña de cebola en po
- 1/4 de culleriña de ourego
- 1/4 de culleriña de pementa doce
- 1/4 de culleriña de pementa picante
- Un chisco de sal
Para acompañar:
- Pan de hamburguesa
- Cogombriños
- Follas variadas
- Tomate
- Cebola frita
- Queixo
Utensilios: unha bandexa de forno e papel vexetal, un coitelo e un prato.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de mesturar o pan relado co allo en po, a cebola en po, o ourego, a pementa doce e picante e o chisco de sal.
Cortamos a lasca de tofu á metade e pasámola polo pan relado con especias.
Poñemos as lascas na bandexa de forno cuberta co papel vexetal e enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 30-35 minutos. 3-4 minutos antes de sacalos do forno, podemos meter o pan de hamburguesa para darlle un toque de calor.
E pasamos a montar a nosa hamburguesa! Primeiro unhas follas variadas.
Dúas lascas de tomate.
Unhas lascas de cogombriños.
A cebola frita.
As lascas de tofu e o queixo.
E tapamos co pan. Se queredes, podedes botar as vosas salsas favoritas: mostaza, brava, barbacoa, kepchup...
E xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste e que a poñades en práctica. Tede boa semana e recordade que son días de quedar na casa na medida do posíbel. Aperta e forza, bolboreteir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario