Bo día, bolboreteir@s! Como vos vai este peche de abril. Agardamos que o mellor posíbel mais sexa como for vimos aquí pórlle aínda máis sabor. Ultimamente andamos probando e argallando coas verduras e estamos alucinados con esta última creación que vos presentamos. O sanxacobe máis diferente que xamais probamos e ollo, poda que un dos máis saborosos. Tamén é certo que aquí non vos somos grandes seguidores dos tradicionais sanxacobes. Aborrecémolos no pasado. Mais isto resulta moito máis lixeiro e para nós máis apetecíbel tamén grazas á combinación de queixo e verdura. Outra para anotar para @s que non sodes moi fans das verduras e procurades alternativas para as degustar. Imos alá!
Para comezarmos, imos preparar as espinacas. Nunha tixola cunha culleriña de aceite, botamos as espicanas, adobadas cun chisco de sal e allo en po ao gusto. Deixamos que se cociñen 3-4 minutos. Reservamos.
Sanxacobe de berenxena
Ingredientes:
Utensilios: dúas tixolas, unha cunca, dous pratos, papel absorbente, unha táboa e un coitelo (ou unha mandolina), unha culler e un escoadoiro.
Elaboración:
Para comezarmos, imos preparar as espinacas. Nunha tixola cunha culleriña de aceite, botamos as espicanas, adobadas cun chisco de sal e allo en po ao gusto. Deixamos que se cociñen 3-4 minutos. Reservamos.
A continuación, corta en lascas as berenxenas, ben lavadas. Botámoslles allo en po, pementa moída e sal ao gusto.
E comezamos a montar os nosos sanxacobes. Aquí ímosvos dar dúas opcións. Lasca de berenxena, lasca de pavo e un chisco de queixo e tapamos con outra de berenxena.
Ou berexena-espinacas-queixo-berenxena.
E imos intercalando até acabar con toda a berenxena.
De seguir, empoámolas con fariña, logo ovo e, por último, pan relado.
Rustrimos en abundante aceite aceite até que estean douradiños. Poñémolos sobre papel absorbente.
Servimos nunha fonte e xa estarían listos para comer!
Velaquí vos queda unha receita ben práctica.
Esperamos que vos sexa de proveito e que a poñades en práctica. Agardamos as vosas achegas. Forte aperta, amig@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario