martes, 5 de marzo de 2019

Crema de cacahuetes

Boas, bolboreteir@s!! Como vai o Entroido? Sobredose de cocido? Morte doce provocada por freixós? Isto é un non parar. Mais hoxe non imos por esta liña. Hoxe toca darnos outro tipo de capricho.
Curiosamente adorabamos a crema de cacahuetes de pequenos. Digo curiosamente porque parece que non era o habitual sendo máis ben raros os que faciamos os sándwichs desta crema. A verdade é que a  febre pasounos até que nestas viaxes polos EUA nos volvemos encontrar e recordamos o porqué daquel namoramento culinario. E habería posibilidade de preparar esta delicia na casa? Vaia se a hai. Talvez a receita máis sinxela da historia do blogue.



Crema de cacahuetes




Ingredientes:


  • Cacahuetes naturais







Utensilios: unha picadora e unha espátula.



Elaboración:


Para comezarmos, temos de pelar os nosos cacahuetes.




A continuación, triturámolos na picadora. Ao principio, parecerá imposíbel mais se trituramos 3-4 minutos a máxima potencia conseguiremos unha crema moi suave. Botámos a crema nun bote e xa estaría lista. 


Agardamos que vos guste e que fagades esta facilísima receita na casa. 


Máis humilde imposíbel. Un só ingrediente e un só paso. Pero moito sabor.  Que receita curiosa! Agardamos que a gocedes, amig@s! Fortísima aperta e moi feliz Entroido!

Ningún comentario:

Publicar un comentario