Por aquí estamos a tope coas ensaladas e coas receitas frescas para os días calorosos e aproveitamos cada día solleiro para ampliarmos a colección e termos unha chea de recursos por se nalgún momento enganchamos unha semana seguida de altas temperaturas. Non vaia ser que nos collan cos deberes sen facer e teñamos que repetir receita, haha.
A verdade é que nos presta unha barbariedade preparar este tipo de pratos que nos rouban pouco tempo xa que son moi sinxelos de preparar e que nos achegan múltiplas propiedades.
Imos con esta ensalada de fabas neste martes!
Ensalada de fabas
Ingredientes:
- 400 g de fabas cocidas
- 4-5 lascas de pavo
- 9-10 tomatiños cherry
- 7-8 olivas
- 1/2 aguacate
- 1/2 cebola vermella
- Unhas poucas abelás
Para o aliño:
- 2 culleradas de aceite de oliva virxe
- 1 cullerada de vinagre
- 1 culleriña de mel
- 1 culleriña de pirixel
- 1/2 culleriña de romeu
- 1 dente de allo
- Sal
Utensilios: unha táboa e un coitelo, unha cunca e unha fonte para presentar.
Elaboración:
Para comezarmos, facemos o aliño. mesturamos o dente de allo (nós utilizámolo negro, mais pode ser o allo normal) co sal.
Agregamos o aceite, o vinagre, o mal, o pirixel e o romeu e mesturamos moi ben. Reservamos.
Cortamos os tomatiños á metade, a cebola en xuliana, o pavo e o aguacate en cadradiños pequenos. Poñemos todo na fonte xunto coas fabas.
Aliñamos e mesturamos moi ben.
Refrixeramos uns minutos para que asenten os sabores e xa estaría lista para comer!
Agardamos que vos guste e que a faigades na casa!!
Apetecíbel, non é? A nós prestounos moito degustala. Influíu tamén o feito de ir un día moi bo.
Quédavos entón esta receita sorprendente pola presenza das fabas nun prato frío e tan fresco coma esta. Forte aperta, bolboreteir@s!
No me veis pero no he dejado de haceros la ola , me encanta no lo siguiente al final me van a faltar comidas en el dia para poder hacer todo lo que veo y se me antoja , esta ensaladita caera pronto me encantan todos los ingredientes y ese aliño con el ajo negro y romero le tiene que ir de miedo.
ResponderEliminarBicos mil y feliz semaa wap@s.
Soe pasar!! Cando les outros blogues, ves demasiadas receitas ricas 😃😃
Eliminar