martes, 20 de marzo de 2018

Sándwich de lacón e brie

Bo martes, bolboreteir@s! Como vai, todo? Por aquí imos comezar a primavera cunha desas receitas de aproveitamento que tan bo xogo dan nos nosos receitarios e ofrecen outra saída aos nosos pratos.
Desta volta tiñamos lacón asado pola casa e despois de dous xantares, tiñamos uns restos que non sabiamos como aproveitar até que demos cun clásico da comida rápida que ofrece toda as posibilidades, mesmo as de combinarmos unha carne tradicional como o lacón con queixo brie nun sándwich.
Por aquí acudimos a estes emparedados con certa frecuencia, sobre todo cando estamos folgazáns e non queremos perder moito tempo no preparado. Ademais, son apostas seguras pois apenas gardan efecto sorpresa. E si, este foi outro éxito.



Sándwich de lacón e brie



Ingredientes:


  • Lascas de pan de molde/barra
  • Lacón asado
  • Queixo brie
  • 1 tomate





Utensilios: un coitelo, papel vexetal e unha bandexa de forno. 


Elaboración:


Para comezarmos, colocamos as las de pan nunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal. 


Sobre o pan, colocamos dúas lascas de tomate e un anaco de lacón. 


Unhas lascas de queixo brie. 


E tapamos coas outras metades de pan. 


Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, até que se torre o pan e se derreta o queixo.


E xa estaría listo para comer! Agardamos que vos guste! 


Aquí quedades cunha receita ideal para preparar cando vos sobre algo de lacón. Mais se tedes moitas ansias de probar, xa sabedes, cambiades o lacón asado polo que nos ofrecen na chacinaría ou mesmo por outro friame. Non será tan potente mais... seguro que está boísimo.
Desfrutade do día e entrada na primavera che@s de enerxía e de amor :-) 

2 comentarios:

  1. Uummmmmmmmmm seguro que estan de rexupete, las fotos del corte son de lo mas tendadoras ,os han quedado divinisimos.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar