Aínda que é verdade que nestas semanas estamos preparando e sustentando a nosa alimentación con receitas maioritariamente saudábeis, non podemos deixar de lado a nosa especialidade e paixón: os doces. Así pois, hoxe traémosvos unha torta que preparamos hai dúas semanas para unha encarga dun aniversario. Pensamos que non iamos poder probala mais reserváronnos unha porción e descubirmos o resultado para vos confirmar que se corresponde coa apariencia.
Unha larpeirada con dous produtos estrela como o queixo e o chocolate aínda que canto a sabor, o segundo é o principal protagonista mentres que o primeiro dá un toque fundamental para a textura, tan esponxosa...
Ás veces vemos tortas moi apetecíbeis na rede, mais @s temeros@s adoitan pensar no traballo que requiren. Cómpre animalos a pórse mans á masa porque despois todo vén dado, sen apenas dificultades. E senón, ollade que sinxela!
Torta de queixo e chocolate
Ingredientes:
Para a base:
Para o recheo:
- 1250g de queixo mascarpone
- 300g de chocolate con leite
- 150g de chocolate negro
- 3 culleradas de azucre glas
Para a decoración:
- 150g de chocolate con leite
- 80g de chocolate branco
Utensilios: un molde desmoldábel, unha picadora, unha cunca, unha manga pasteleira, unha espátula e unha culler de pau.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a base da torta. Para iso, picamos as galletas coa axuda da picadora (ou dunha bolsa e un rolete).
Engadímoslle a manteiga derretida e o cacao en po.
Mesturámolas moi ben e estirámola sobre a base do molde. Refrixeramos.
Agora pasamos a facer o recheo. Comezamos batindo o queixo co azucre.
Derretimos os dous chocolates e imos integrando o queixo ao chocolate.
Estiramos esta crema sobre o molde e refrixeramos 3-4 horas.
Pasado ese tempo, temos que decorar a torta. Derretemos o chocolate con leite e botámolo sobre o molde, imos movendo o molde para que se cubra ben a torta.
De seguir, derretemos o chocolate branco, metémolo nunha manga pasteleira e cortamos a punta. Imos facendo liñas sobre a torta e, unha vez feitas, coa axuda dun garfo ou un coitelo, facémoslle formas unindo as liñas brancas.
Refrixeramos até que endureza o chocolate e xa estaría lista para comer!!
Ben, cómpre recordar que sempre que teñades dúbidas na elaboración dun prato, xa sexa antes ou durante a elaboración, non tedes máis que nos enviar unha mensaxe por Facebook, Twitter, Instagram ou por correo electrónico (bolboretasnobandullo@gmail.com). Xa sabedes que nós estamos encantadísimos que de nos formuledes as vosas preguntas ou suxestións. Adiante!
Madre del amor hermoso mira que me tientas con lo que me gustan las tartas de queso y el chocolate , no sabes lo que siento no poder meter la mano y comer un caxin.
ResponderEliminarSeguro que los invitados al aniversario les encanto ademas de quedarte de relujo tenia que estar de rexupete.
Bicos mil wap@s.
Hahahaha, que alegría nos dan sempre as túas palabras!! Que ben que che guste! Dicir dixeron que lles encantara, e a nós tamén 😂😂!
EliminarUn bico e grazas!