sábado, 16 de abril de 2016

Polo con salsa iogur

Para quen ben nos coñece, xa sabe que unha das nosas grandes referentes é Isasaweis, así que de vez en cando aproveitamos para elaborar algunha das súas fantásticas receitas. E a que escollimos desta volta, foi esta. Aproveitamos que tiñamos a maioría dos produtos na casa, comezando polo polo, unha  das carnes de que máis gustamos e máis recorrente na nosa casa. E canto ao resto, chamounos a atención polos elementos tan opostos que entran en xogo neste prato: soia, limón, mel, iogur, pemento...
E coma sempre, para diante, a ver que sae.
E ben saíu, tan ben que se nos fixo escasa a ración preparada e quedamos con ganas de máis. De feito, hoxe ou mañá habemos de repetir para matar esas ansias, haha.
Ademais, este prato de seguro que vos resulta novidoso e dificilmente comparábel con calquera probado anteriormente. Podedes probar primeiro. Cando vexadas canto vos gusta, de seguro que o queredes facer para tod@s @s vos@s convidad@s.

Polo con salsa iogur


Ingredientes (para unha ración):


Para o polo:
  • 1 peituga
  • 2 culleradas de aceite de oliva
  • 2 culleradas de salsa de soia
  • 2 culleradas de zume de limón
  • 1 culleriña de pemento doce
  • 1 "     "      de pemento picante
  • 1 "     "      de ourego
  • 1 "     "      de allo en po
Para a salsa iogur:
  • 1 iogur natural
  • 1 culleriña de mel
  • 1 culleriña de mostaza doce
  • a reladura dun limón
Utensilios: unha cunca grande e unha pequena

Elaboración:

Para comezarmos, temos que facer o adobo da peituga. Para iso, mesturamos o aceite, o zume de limón e a soia.


De seguir, engadimos o pimentón, tanto o doce coma o picante, o ourego e o allo. Mesturamos moi ben. Reservamos.



A comtinuación, cortamos as peitugas en anacos e botámoslles o adobo, mesturamos moi ben e deixamos repousar, como mínimo, 30 minutos.




Mentres tanto, facemos a salsa de iogur. Mesturamos o iogur natural coa reladura de limón, o mel e a mostaza. Reservamos.




Despois, nun tixola ben quente, fritimos a peituga, tardaremos 5-6 minutos.


Servimos no prato acompañada da salsa de iogur e xa está lista para comer. Que aproveite!!


Vese apetecíbel, verdade? Séndomos sinceros, o propio polo sen a salsa, xa está de morte posto que adquire todos eses matices do adobo. Brandiña, con máis sabor do normal e moi agradábel de degustar. Mais claro, ese mollo non pode quedar como simple espectador. Quere participar da acción e aí é cando veñen as emocións fortes. Contraste brutal só apto para atrevid@s. Vós sodes atrevid@s? Mil millóns de apertas!!

10 comentarios:

  1. Mañá mesmo. Isto non pode ter desperdizo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahaha!! Xa nos contarás que tal!!! Seguro que che encanta 😋
      Mil grazas!!

      Eliminar
  2. Pois pra o almorzo de hoxe eu xa firmaba con este poliño, vese ben sabroso!!

    Bicossss

    ResponderEliminar
  3. que rico! tengo que probar esta salsita que se ve de lo mas apetecible! bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seguro que che encanta!!! A verdade é que nós xa repetimos un par de veces, hahaha!!
      Apertas!

      Eliminar
  4. Que rico tiene que estar ese pollo mi niña, como me gustan todos los ingredientes me llevo la receta yaaaa,te ha quedado un plato de relujo no lo siguiente.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas!!! Seguro que che encantaría o polo así!!
      Bicos e grazas!

      Eliminar
  5. ¡Hola!
    Que rico!, tiene una pinta estupenda <3.
    Te he seguido y te invito a que visites el mío.
    Un saludo!.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olaa! Benvida e agadarmos que che guste e que te quedes con nós moito tempo! Agora visitamos o teu ;)
      Un saúdo e moitas grazas!!

      Eliminar