sábado, 5 de marzo de 2016

Unha nova torta oreo (sen forno)

Como andades, bolboreteir@s?? Por fin chega o sábado, ese día que a mayoría agardamos para desfrutar dun pouco máis de descanso e que tod@s desexamos para a nova receita de Bolboretas no bandullo!!!
E ademais hoxe estaredes a grande parte content@s posto que traemos larpeirada das que alcanzan o cumio da dozura, unha torta en que a Oreo volve ser protagonista, mais dun xeito totalmente diferente. Ou senón, animádevos a elaborar tanto unha como outra e veredes que pouco teñen que ver. Principalmente porque esta é unha torta de frigo e a outra de forno (aquí a tedes), presentando características totalmente opostas.
Esta lambonada foi pensada para un aniversario en que nos iamos xuntar vari@s lambonciñ@s así que pensamos ao grande. E o resultado foi totalmente positivo. Unicamente ficou un bocado para a parabenizada poder degustar á noite.
O goce dunha crema ben fría combinado con eses tropezóns de bolacha, fan desta unha torta curiosa, que non se vos parecerá a ningunha anteriormente degustada. Aí a tedes:


Unha nova torta oreo (sen forno)

Ingredientes (para un molde de 26 cm): 

Para a base:
  • 350 gr de galletas oreo
  • 60-70 ml de leite
Para o recheo:
  • 1 l de nata
  • 200 gr de chocolate branco
  • 2 sobres de flan (Flanín)
Para a decoración: 
  • 200 gr de galletas oreo recubertas de chocolate
  • Boliñas de cores
Utensilios: un molde desmoldábel, unha pota, unha picadora eléctrica (ou unha bolsa e un rolete) e unha culler de pau. 

Elaboración:

Para comezarmos, temos de facer a base da torta. Para iso, trituramos as galletas oreo nunha picadora, ou coa bolsa e o rolete.


Despois, engadimos, pouco a pouco, o leite até facer unha pasta. Poñémola no fondo do molde e estirámola para que cubra toda a base. Reservamos no frigorífico.

                                               
A continuación, poñemos a quentar o leite xunto co chocolate nunha pota.


Cando estea case derretido, engadimos os sobres de flan e removemos ben até que espese un pouco e botamos esta crema sobre a base de galletas. Refrixeramos durante 15-20 minutos.


Mestres esperamos a que arrefríe, partimos as galletas recubertas coas mans, para que os anacos  non sexan demasiado pequenos e botámolos sobre a crema.



Refrixeramos a torta, como mínimo, dúas horas, aínda que mellor se é unha noite enteira, e xa estaría lista para comer!!


Xa vedes, "bocatto di cardinale"! Para quen guste moito de cremas e flans, esta torta vai pasar a estar no máis alto da súa clasificación de preferencias reposteiras. E tamén para @s amantes deste tipo de galletas, como non!
Sexa como for, saíu unha torta para a que non é preciso deixar grande espazo na sobremesa xa que se degusta con facilidade e a pesar das apariencias, resulta bastante lixeira.
Iso si, unhas horas despois, talvez haxa que baixar botar unhas carreiras polo parque, haha. Mais cómpre vivir e saborear tod@s os praceres. Unha forte aperta!

8 comentarios:

  1. Na miña casa non chega á noite, eso xa digo eu!!. As oreo son un picoteo moi común na casa, así que imaxina nunha tartita coma esta.
    Rica non....o seguinte!

    Bicosssss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha, aquí non durou moito tampouco, mais ė normal, as oreo son un vicio!!
      Bicos mil!

      Eliminar
  2. Entre las oreo y ese relleno con flanin tiene que ser una perdición, biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que si, mais é contundente, hahahaha!!!
      Apertas!

      Eliminar
  3. Madre del amor hermoso si lo se no vengo palabrita no sabes como me estas tentando con esta tarta con el peligro que tienen las oreos en casa ,un suspiro duraria no te digo mas.
    Te ha quedado de relujo y no dudo lo mas minimo este de muerte relenta, tomo nota y anoto ingredientes en mi lista de la compra tengo que comprar el flanin para hacerla.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahahaha, iso é un bo sinal entón!! Cando a probas, non dubides en dicirnos que che pareceu, aínda que seguro que che encanta!!
      Bicos!!

      Eliminar
  4. Moi boa idea para o Samaín, parece terra volcánica! Só falta pórlle enriba unhas arañas ou uns esqueletos ;D

    ResponderEliminar