Chegamos hoxe un pouco tarde, mais chegamos, que é o importante, ou non? E facémolo arrasando, cun clásico da gastronomía galega, arroz con choco na súa tinta.
Non sabemos moi ben o motivo mais este sempre foi un prato ao que lle tiñamos certo respecto, e de feito, nunca até agora probaramos a facelo. Aproveitabamos as oportunidades para degustalo naquelas casas de xantar que ofrecen este manxar. Mais agora xa non será preciso agardar a que nolo cociñen fóra. Na receita de hoxe aclaramos todo o necesario para lograr esta larpeirada marítima. Aínda que a clave, como xa dixemos na última receita de choco en salsa, está no produto. E o noso é de 10, grazas a un mariñeiro viveirés de moita arte e solidariedade. Grazas a el unha outra vez :-)
Vai pois, un novo agasallo gatronómico para vós:
Arroz con choco na súa tinta
Ingredientes (para 4 persoas):
- 1 choco mediano
- 1 cunca de arroz
- 1 pemento vermello
- 1 cebola
- 1 tomate
- A tinta do choco
- 1 vaso de viño branco
- 2-3 culleradas de aceite
- Auga
Utensilios: unha táboa, un coitelo e unha pota grande.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de picar as verduras e botalas no fondo da pota sobre as culleradas do aceite.
De seguir, engadimos o choco, ben lavado e picado en anacos.
Mesturamos ben e engadimos o viño branco.
Cociñamos a lume medio durante, aproximadamente 45 minutos, ou até que o choco estea case feito.
Engadimos o arroz.
E a tinta do choco. Lembrade pois, se mercades o cefalópodo, pedir a tinta. Non vaia ser que queiramos facer choco en tinta sen a ter, haha.
Botamos a parte de auga correspondente co arroz, no noso caso 3 cuncas de auga por 1 de arroz.
Deixmaos cociñar o tempo que precise o arroz, entre 15-18 minutos, aproximadamente.
Deixamos repousar 5 minutos e xa estaría listo para comer!
Agardamos que vos guste! Nós collímolo con tantas ansias que papamos todo. E ben agusto que ficamos posto que era un reto cociñeiro do que nos beneficiamos alimentariamente, hehehe. Aínda temos un outro choco no conxelador. Agora preséntase a seguinte cuestión: repetirmos éxito con este arroz con choco na súa tinta, ou optarmos por unha receita atrevida e ben diferente? Pois non son poucas as dúbidas de momento. Mais ben, xa vos contaremos.
Mil grazas por estardes sempre aí e apertas! Que sexades felices nestes días de descanso e agradedes ben o bandullo!
como me gusta este plato! es de mis favoritos y tu lo has boradado bicos
ResponderEliminarMoitísimas grazas! A verdade é que era a primeira vez que o facíamos e encantounos, seguro que non tardamos en repetir!
EliminarBicos!
Este é un dos meus arroces favoritos, encántame..!!veña unha racionciña!! :)
ResponderEliminarBicossss
Xa está en camiño, hahaha!
EliminarMoitas grazas e apertas!
Este é un dos meus arroces favoritos, encántame..!!veña unha racionciña!! :)
ResponderEliminarBicossss