sábado, 13 de febreiro de 2016

Spaguetti de cabaciña con tomate seco

Estades preparad@s? Porque o de hoxe seguro que non o esquecedes. Xa vos adiantamos que nós, desde que probamos este prato, volvímolo facer tres veces. E probámolo hai moi pouco, haha.
No mesmo menú en que incluímos as falsas madalenas, presentamos esta xoia que tamén adoita sorprender a quen ten oportunidade de a probar. Unha cabaciña cortada que nos recorda claramente á pasta italiana, de aí o nome. Canto á textura, preséntanse máis brandos, aínda que moi "carnosos" para desfrutar de cada un dos bocados que degustamos.
Chama a atención, como estes spaguetti absorven os sabores de todo aquilo que os acompaña. Por iso resulta importante non pasarse co aceite. Neste caso, estas liñas de cabaciña acabaron por facerse co toque do allo, queixo, chile e demais, converténdose nunha verdadeira potencia deliciosa. Aí vos vai:

Spaguetti de cabaciña con tomate seco

Ingredientes (para 4 persoas):
  • 3 cabaciñas grandes
  • 1 bote de tomate seco en aceite
  • 2-3 dentes de allo
  • 2 culleradas de aceite
  • Queixo relado ao gusto
  • 1 chile
  • Pementa moída
  • Ourego
  • Un chisco de sal
Utensilios: unha mandolina ou un coitelo e unha táboa, unha tixola e unha culler.

Elaboración:

Para comezar, temos que relar a cabaciña coa mandolina. Reservamos. 


De seguir, botamos dúas culleradas de aceite na tixola e rustrimos nel os dentes de allo laminados e o chile. 


A continuación, engadimos os tomates secos, cortados en anacos e cociñamos 2 minutos. 


Engadimos a cabaciña e cociñamos 5- 10 minutos. 


Botamos o queixo relado e sazonamos coa pementa moída e o ourego, mesturamos ben. 






E xa estarían preparados para comer! Nós dámosvos unha opción, mais podedes botarlles cogomelos, pavo, cenoria, berenxena... ou o que se vos ocurra. 


Agardamos que vos guste!! Xa vedes como foi mudando coa cocción a cor dos spaguetti. E ao probalos, notarédelos algo máis húmidos e cargados de sabor. Ademais, cremos que fan un prato bastante vistoso e que pode sorprender aos vosos comensais. Desde logo, cos nosos triunfamos.
Cremos que estamos ante unha das mellores alternativas para a inclusión de verduras na nosa dieta, tanto de adult@s como peques, e tamén ante unha das mellores formas de lle tirar rendemento á cabaciña. Con todo agarimo vos deixamos unha receita que nos encanta! Apertas bolboreteiras!


10 comentarios:

  1. Así faínos a miña filla e recoñezco que están moi bos, tanto que hasta eu me aficionei a facer deste xeito os calabacís. QQuedan moi sabrosos, suaves e lixeiros. E o que teñen é que admiten de todo.

    Bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, a verdade é que son unha auténtica delicia e super saudábeis!!
      Bicos!

      Eliminar
  2. Nunca he comido asi el calabacion y si lo habeis repetido tres veces es por que esta bien rico.
    Te ha quedado un plato divinisimo no lo siguiente .
    Bicos mil y feliz semana wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seguro que che encantan... Como ves, nós xa repetimos varias veces, hahahaha!!
      Moitas grazas!!
      Apertas!

      Eliminar
  3. Una novedosa forma de cocinar los calabacines, además de sano, tiene que estar buenísimo ese plato.
    Cariños y felicitaciones.
    Kasioles

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, a verdade é que é unha delicia!!
      Moitas grazas por comentar!!
      Mil apertas!

      Eliminar
  4. Hola bolboretas, tu comentario en mi entrada del reto "50 días, 50 menús" me ha atraído hasta aquí. Muchas gracias por comentar el post, ha sido una sorpresa puesto que el blog apenas está naciendo. Veo que tienes un montón de recetas y muy bien explicadas. Te felicito! Te comento en esta entrada concretamente porque me encanta la idea de hacer espaguetis con las verduras. De hecho esta semana uno de los menús llevará espaguetis de judías verdes! pues nada, un saudiño y a comerrrrrrr! apertas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas e alegrámonos que che guste o noso blogue, agadarmos verte máis veces por aquí!
      Agardaremos impacientes esa receita, que a nós tamén nos encantan!!
      Mil bicos!

      Eliminar