martes, 19 de xaneiro de 2016

Brócoli con falsa bechamel e cogomelos ao forno

Amig@s lambereteir@s, xa estam@s aquí unha vez máis para vos traer un prato revolucionario para a vosa alimentación variada e saudábel. Se xa hai tempo que vimos comendo máis e máis brócoli, pois xa decidimos elevar esta verdura aos altares gastronómicos con esta receita en que se lle saca o máximo partido.
Derivados lácteos, verduras, especias ou fungos teñen cabida nesta delicia que nos pode recordar en certa medida á lasaña, mais que presenta uns trazos ben específicos. 
Non servirán as excusas para aqueles/as que din que non quedan fart@s coas verduras, que non @s sacia o suficiente. Unha ración deste brócoli deixa contento o bandullo máis exixente. Ademais xa sabedes as múltiplas propiedades deste alimento, entre elas a alta cantidade de vitamina C e unha chea de fibra alimentaria.
A pesar de que se escoita moito por aí, a denominación brecol, recordade que en galego debemos chamarlle brócoli, aínda que iso non variará o sabor ;-)

Brócoli con falsa bechamel e cogomelos ao forno

Ingredientes:

  • 1 brócoli grande (ou 2 pequenos)
  • 350 gr de cogomelos variados 
  • Falsa bechamel (receita aquí)
  • Queixo relado 
  • 2-3 dentes de allo
  • 1/2 culleriña de cúrcuma
  • 1 chile
  • 2 culleradas de aceite de oliva
  • Un chisco de sal
Utensilios: unha pota grande, unha fonte apta para forno, unha tixola, un cazo e unha culler.

Elaboración: 

Para comezarmos, temos de lavar e trocear o brócoli. 



De seguir, cocémolo en abundante auga quente cun chisco de sal durante 15-18 minutos. 


A continuación, escoámolo ben e reservamos.


Mentres tanto, temos de preparar a falsa bechamel, tedes a receita aquí, aínda que neste caso fixemos a metade da cantidade. Cando rematemos, reservamos. 


Despois, rustrimos nunha tixola os dentes de allo, laminados, e o chile. 


Cando o allo comece a ter cor, engadimos os cogomelos. 


Cociñamos até que os cogomelos estean brandiños, agregamos a cúrcuma e mesturamos ben. 


Na fonte, botamos o brócoli e os cogomelos e mesturámolos ben. 


Botamos a falsa bechamel. 


E o queixo relado ao voso gusto. 


Enfornamos a 220º, co gratinador, até que o queixo se doure, aproximadamente 10-15 minutos. 


E xa estaría listo para comer!! Agardamos que vos guste tanto como a nós porque nesta primeira vez que o fixemos quedamos cativados polo sabor e vemos neste prato unha boa opción para facer con bastante frecuencia xa que se caracteriza pola suavidade e cremosidade sen chegar a aborrecer.
De feito, xa o temos anotado para facer de novo para a semana que vén. E penso que algunha e algún de vós tamén o vai facer. Ou equivocámonos? 
Forza para o martes e adiante! Apertas bolboreteir@s! 

10 comentarios:

  1. con esa falsa bechamel queda un plato de lo más apetecible, ñam, ñam! que rico! bicos

    ResponderEliminar
  2. Como vos quero! Agora estou de mudanza mais cando estea instalada na nova cociña teño que probare esta receita si ou si! Grazas, coma sempre... e mil bicos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha... pois xa nos contarás, aínda que seguro que che encanta!!
      Fortes apertas!

      Eliminar
  3. Eu tamén vou caer na tentación destatus bechamel

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben!!! Pois xa nos contarás que tal, mais triunfará na mesa!
      Bicos

      Eliminar
  4. Eu tamén vou caer na tentación destatus bechamel

    ResponderEliminar
  5. Respostas
    1. Non esquezas mandarnos a foto co resultado e de contarnos que tal!!
      Bicos!

      Eliminar
  6. Adoro o brócoli, adoro a salsa bechamel e adoro os cogumelos... Fai falta que digo algo máis? Hahahah ¡Encántame esta receita!

    Bicos grandes e graciñas por compartila!

    Yoly

    ResponderEliminar