Martes especial para unha nova receita. Especial aquí en Viveiro porque estamos de pos-San Roque e de pre-Naseiro. E por iso, aproveitamos para coller unhas pequenas vacacións. Así pois, esta será a última receita que presentemos até o sábado 29 de agosto, o que non significa que non sigamos a recordar a través das redes sociais algunha dos nosos mellores pratos. Mais nestes 5-6 días de festa, pouco tempo vai quedar para cociñar, e menos para vos escribir como corresponde as receitas. Estaremos a tope co Naseiro, a Romaxe do bo xantar desde venres (Día do polbo) até martes, cinco días de moita troula. E non hai troula galega en que non falte a boa comida :-)
Mais entretanto, cómpre desfrutarmos desta última larpeirada, saudábel e perfecta para @s máis impacientes, xa que non habedes de tardar nada en ver o froito do voso traballo. Arredor de cinco-dez minutos entre amasado e cocción. E ademais, vedes como se poden degustar lambonadas sen excesos de azucre. Ollade ;-)
Biscoito rápido e saudábel de plátano e chocolate
- 2 claras de ovo
- 1 plátano
- 2 culleradas e media de flocos de avea
- 1 cullerada de cacao puro 0%
- 1 cullerada de vainilla
- 1 culleriña de lévedo en po
- 1 cullerada de leite descremado (opcional)
- Para decorar: lascas de plátano e fídeos de chocolate
Utensilios: cunca apta para microndas, batedor eléctrico e vaso batedor.
Elaboración:
Para comezarmos temos que botar no vaso do batedor as dúas claras.
Engadimos a avea e o lévedo.
O cacao e a cullerada de vainilla.
Botamos o plátano en anacos.
Trituramos co batedor eléctrico. Se vedes que queda unha masa moi espesa, podedes engadir a cullerada de leite.
Cociñámolo a máxima potencia no microndas durante 3 minutos.
Desmoldamos o biscoito e decorámolo cunhas lascas de plátano e uns fídeos de chocolate.
E xa está preparado para comer!! Que aproveite!
Non vos parece unha sorte que existan receitas tan sinxelas e rapidísimas de elaborar? Para nós desde logo é un grande recurso para as merendas ou almorzos. Aínda tendo pouco tempo, que marabilla podemos facer!
Despois do biscoito fugaz que tanto éxito tivo, traemos outro biscoito rápido en versión saudábel e cun toque a plátano que os vosos padais han de agradecer. Unha aperta e desfrutade das últimas semanas de agosto! Vémonos no Naseiro, amig@s!
me encanta la combinacion chocolate-platano y en version bizcocho, pura delicia! bicos
ResponderEliminarSii, a nós tamén nos encanta! E este biscoito ao facerse en 3 minutos aínda é mellor!!
EliminarBicos!
me encanta la combinacion chocolate-platano y en version bizcocho, pura delicia! bicos
ResponderEliminarQue jugoso y rico se ve! Me ha encantado, tenéis recetas muy ricas y apetecibles. Me quedo a disfrutar de ellas
ResponderEliminarUn abrazo y tener una preciosa semana
Moitísimas grazas! Agardamos que che gusten!
EliminarUnha aperta!
Uummmmmmmmmm a que hora dices que me pase a cenar , seguro esta de rexupete a mi me encantaria seguro chocolate y platano uuummmmmmmmm ,te ha quedado de relujo al igual que la mermelada.
ResponderEliminarBicos mil wapa.
Hahahahaha! Moitísimas grazas. Alegranos moito que che guste!
EliminarUnha aperta!