sábado, 23 de maio de 2015

Alcachofas recheas de xamón e espárragos verdes

Boas bolboreteir@s! Aquí andamos unha vez máis para vos presentar unha nova receita, creada a partir dun produto que introducimos hai ben pouco na nosa alimentación e do que estamos máis que satisfeitos, tanto polo seu sabor como pola súa contribución nutritiva, as alcachofas. Antes de comelas, estivemos procurando algo sobre elas para nos informar e chamounos a atención que o seu compoñente principal e a auga así como pola enorme presenza de hidratos de carbono, vitaminas (fundamentalmente B1 e B3) e minerais (potasio, fósforo ou calcio). Ademais posúe dúas substancia de propiedades moi moi beneficiosas: cinarina, que axuda a aumentar a secreción biliar e é diurético, e esterois, con capacidade para limitar a absorción de colesterol no intestino. Xa vedes, unha xoia alimenticia. 
Con todo, para as degustar queriamos procurar a fórmula máis saborosa, pensándomos en combinala con outras verduras e xamón, mais sen perder a esencia da alcachofa e que este produto seguise a ser o verdadeiro protagonista así que caracterizamos o recheo cos propios corazóns das alcachofas pasados pola tixola xunto cos outros produtos. A ver que vos parece a idea.

Alcachofas recheas de xamón e espárragos verdes


Ingredientes:
  • 5 alcachofas
  • 70 gr de xamón
  • 2 espárragos verdes
  • 1 cebola
  • 2-3 dentes de allo
  • 1 vaso de viño branco
  • Pan relado
  • Pirixel
  • Sal
  • Aceite
Para acompañar: 
  • Espárragos verdes
  •  4-5 dentes de allo 
  • Aceite
  • Sal
Utensilios: pota, tixola, fonte apta para forno, culler, coitelo etc. 

Elaboración:

Para comezarmos, temos de limpar as alcachofas. Para iso, debemos cortarlles o talo e quitarlles as follas máis superficiais; tamén lle debemos cortar os picos. 

De seguir, cocémolas en abundante auga cun chisco de sal durante 20-25 minutos, dependendo do tamaño. 


Despois, coa axuda dunha culler, quitámos o corazón da alcachofa (que utilizaremos posteriormente) e reservamos. 


Mentres tanto, preparamos o recheo. Picamos finamente a cebola e os dentes de allo e rustrímolos en dúas culleradas de aceite. 



A continuación, engadimos os espárragos cortados en anacos pequenos e deixamos que se cociñen uns minutos. 


Engadimos o xamón, tamén cortado en cadrados pequenos e o viño. 




Deixamos  que reduza o viño e picamos os corazóns das alcachofas e engadímosllas ao recheo. 





Cociñamos uns minutos e engadimos o pirixel picado para o mesturar ben. 


Reenchemos as alcachofas co que temos feito e botámoslles un pouco de pan relado por riba para que lle dea un toque crocante. 





Enfornamos a 200º, co gratinador, até que se doure un pouco o pan e xa estarían preparadas. 


Como acompañamento, rustrimos os dentes de allo picado nunha cullerada de aceite e, cando comecen as dourarse os allos, botamos os espárragos. Deixamos cociñar até que abranden, aproximadamente 5-6 minutos, e xa estarían preparados.  




Servimos as alcachofas acompañadas dos espárragos e rapidamente a comer!! 


Estamos ben orgullosos deste prato polo novidoso que supón para nós e polo saboroso que ficou. Deste logo que a combinación foi moi axeitada, especialmente a tríade xamón, berenxena, espárrago, ideal! Calquera destas verduras dá moitísimo xogo na cociña e agora que os descubrimos, especialmente as alcachofas, botaremos man delas, máis frecuentemente. Desta vez poñemos á mesma altura de relevancia sabor e nutrición, xa que en ambos os dous aspectos destaca enormemente este prato válido para dietas sen deixar de degustar verdadeiras marabillas.
Agardamos que vos guste e que lle tiredes o máximo proveito. Pasade boa fin de semana e reflexionade ben, a ver se vén alguén que se preocupe pola nosa cultura e a nosa lingua, tan esquecida frecuentemente... Unha aperta :-)

4 comentarios:

  1. Ola! Moitísimas grazas pola receita! Eu tamén quería introducir as alcachofas na miña dieta mais non sabía ben como facelo... xa teño unha idea xenial! Gústame moito cando publicades receitas saudables! Un bico grande!��

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas a ti polo teu comentario! A verdade é que desta forma están moi ricas mais xa faremos máis para darvos máis ideas!
      Un bico!

      Eliminar
  2. Uummmmmmmm cosa mas rica facil y sana a mis chicos las alcahofas no les gustan pero a mi si tomo nota para hacerlas es un plato de lo mas completo,te ha quedado un plato divinisimo .
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégranos que che guste a receita! A nós encántanos aínda que non hai moito que as incluímos na nosa dieta!
      Un bico guapa!

      Eliminar