martes, 30 de decembro de 2014

Torta de turrón

Parabéns para nós e para tod@s @s lectores de Bolboretas no bandullo!!!!! 30 de decembro e xa todo un ano con vós!! Que rápido pasa o tempo. Xa non queremos insistir no de sempre, mais cómpre darvos mil millóns de grazas por estardes aí acompañándonos en todo momento e facendo coas vosas lecturas que este traballo non sexa en balde e mereza moitísimo a pena. 
Aprendemos moito día a día dos vosos comentarios, suxerencias e tamén nos deixamos guiar un pouco polos vosos intereses gastronómicos para tervos o máis content@s posíbel. Fomos medrando e grazas a vós chegamos ás 23000 visitas no blogue, a 336 gústame na páxina do Facebook e a case 1500 seguidores en Twitter, o que nos fai estar moi moi orgullosos xa que para nós esta era unha experiencia totalmente nova e estámola desfrutando ao máximo. Alegría para os bandullos!!
E como iamos celebrar o ano? Pois cunha larpeirada que representa o que cremos é a base deste blogue, o doce e as lambonadas, aínda que como fostes vendo... hai de todo :-) E tentamos, pois, adaptala á época do ano correspondente. Xa trouxemos polvoróns, mazapáns, arroz con leite... Tocaría turrón, mais desta volta quixemos ir un paso máis alá e elaborar non o turrón, senón unha torta de turrón que degustamos por primeira vez na Casa de xantar "As Tixolas" en Viveiro (asistencia obrigada, por certo). Unha vez que nos fixemos coa receita, démoslle o noso toque persoal e así puidemos saborear esta verdadeira delicia, que con seguridade vos ha de encantar, sexades amantes ou non do turrón xa que ten un sabor especial, moi diferente a outras tortas. Super recomendábel!!!
Porén, queríamos ofrecervos algo máis que unha receita neste día especial, no primeiro aniversario de Bolboretas no bandullo. Así pois, con toda a humildade que corresponde a este caderno dixital, realizaremos un pequeno sorteo entre todas aquelas persoas que deixen algún comentario na receita de hoxe até o día 6 de xaneiro. Haberá premio para dúas persoas, e este será un conxunto de galletas feitas con todo o agarimo do mundo e que vos encantará. Unha moi boa oportunidade para degustar algo elaborado por Bolboretas no bandullo e comprobar que isto non só fica en fotos e explicación, xa que o máis importante é o sabor :-)
Para pagarlle a un notario non hai, con todo, realizaremos o sorteo nunha aplicación xa idónea para este tipo de procesos e subiremos a fotografía co resultado. Despois solicitarémosvos a dirección de correo e para alá irán estas sorprendentes galletas :-) Agardamos os vosos comentarios!!!
E aquí vos vai a larpeirada de hoxe:


Torta de turrón

Ingredientes:
  • 1 barra de turrón brando
  • 7 ovos
  • 7 queixiños
  • 1 vaso de nata
  • 1 vaso de fariña
  • 1 vaso de azucre
  • 1 iogur de limón
  • Raiadura dun limón
  • Para decorar (opcional): nata montada e boliñas de chocolate

Utensilios: un batedor eléctrico, unha cunca alta, un molde apto para forno, unha espátula, unha manga pasteleira (opcional) e un bico (opcional). 

Elaboración:

Para comezarmos, botamos nunha cunca alta os ovos, os queixiños, o iogur e a reladura do limón. 


 De seguir, agregamos o vaso de fariña, de azucre e de nata e medía barra de turrón.  



Batemos moi ben co batedor eléctrico.


A continuación, agregamos a outra metade do turrón desmigada e mesturamos ben coa espátula. 


 Botamos a mestura no molde escollido e enfornamos a 190º, calor arriba, abaixo e ventilador, durante 45 minutos. Cando a saquedes do forno estará bastante alta mais despois baixará un pouco.



 Para finalizar, podemos deixala así ou decorala cunha pouca de nata e unhas boliñas de chocolate. 


Aí co número 1 e todo!! Celebrando un ano de receitas e a alegría de sermos lidos por tod@s vós!! Grazas unha outra vez. Penso que esta torta pode ser un magnífico colofón ao menú da última noite do ano. Que mellor que despedir o 2014 que con esta dozura?? E o que sobre (no caso de así ser) para o primeiro xantar, comezando o ano da forma máis larpeira XD
Ben, pois agardo que vos parecera interesante esta sobremesa que aquí presentamos e sobre todo que vos animedes a elaborala. Sinxelísima!! Agardo que teñades unha pasaxe de ano inmellorábel, cunha boa dixestión e que o 2015 vos traia todo aquilo que vos desexedes, sempre acompañado de boas receitas que tentaremos seguir traéndovos semana tras semana. Sorte para tod@s!!
E recordade, deixade o voso comentario para entrardes no sorte dunhas deliciosas galletas de Bolboretas no bandullo. Apertas bolboreteir@s!!!!

22 comentarios:

  1. Encántame a receita! A ver se desta volta cando a faga lembro tirar unha foto! A min non me gusta moito o turrón... mais os doces con turrón teñen un sabor impresionante! Que teñades unha boa entrada de ano, e por suposto... a ver se teño sorte e esas galletiñas veñen para Betanzos hehe. Bicos grandes ;)

    ResponderEliminar
  2. Encántanos esta receita, ideal para estas datas, unha aposta segura para a cea de fin de ano!
    Moitas felicidades polo primeiro ano do blogue! Gústannos moito as vosas receitas, sobre todo os postres! Moito nos teñen axudado a cociñar para unhos amigos. Ainda que non conseguimos os vosos resultados, e sempre temos que improvisar. Nos seguímolo intentando!
    😉🎂🎂
    Bruno y Tamara.
    yeah!

    ResponderEliminar
  3. Noraboa e felicidades por este primeiro ano!

    Non sei se me vai sobrar algo do turrón que máis me presta... pero estou por reservar un para probala ;)

    ResponderEliminar
  4. Vale, ano novo comeza con esta torta fixo! Parabéns polo ano, que o meniño siga medrando!!!!

    ResponderEliminar
  5. Grazas a tod@s polos comentarios. Ficades anotad@s xa para o sorteo ;-)

    ResponderEliminar
  6. Noraboa por este primeiro ano e que sexan moitos máis :) E por suposto, haberá que probar esta torta, mmm...

    ResponderEliminar
  7. Muchas felicidades! y para celebrarlo esta rica torta con sabor a turron, menuda delicia!! bicos

    ResponderEliminar
  8. Que boa pinta ten a torta!! E moi orixinal facela con turrón! Noraboa por este ano de éxitos, agardo que o 2015 veña cargado de máis! Un bico

    Rosalía

    ResponderEliminar
  9. Que pintaza, sempre discurrindo novas receitas á altura deste magnífico blogue.

    ResponderEliminar
  10. Parabéns! Para min sodes un referente á hora de buscar receitas fáciles e moi saborosas. Esta torta adozará os primeiros días do 2015. Grazas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olaa! Moitísimas grazas polo comentario e polas túas palabras ;) Esperamos a foto co resutado da torta e para poder participar no sorteo debes deixarnos un nome ;)
      Un saúdo!

      Eliminar
  11. Moitas grazas polas vosas palabras que nos dan ánimo para seguir con isto :D

    ResponderEliminar
  12. Moi boa pinta a torta! E parabéns polo aniversario :)

    ResponderEliminar
  13. Tremenda pintaza! Haberá que probar a facela ;) Feliz ano e noraboa polo blogue :)

    ResponderEliminar
  14. Noraboa por tantos éxitos neste primeiro ano e que veñan moitos anos e éxitos máis! Bicazo! :) Isa.

    ResponderEliminar
  15. Parabéns pola receita e polo blogue en xeral. Ten todo moi boa pinta, tentarei facer tódalas receitas xa que é imposibel elexir unha soa. Un saudo, Mari Méndez

    ResponderEliminar
  16. rikísima e moi sinxelaaa!! en realidade son todas unhas receitas xeniaiiis! :D Parabéns polo blogue, a páxina......e o aniversario, claro. Apertas! :)

    ResponderEliminar
  17. Vou ver de facela esta fin de semana, cando a faga prometo foto!! Ten unha pintaaa... ÑAAAM!!!!

    ResponderEliminar
  18. Ten unha pinta deliciosa!
    Moitos parabéns polo blogue e a seguir asi por moito máis tempo.
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  19. Parabéns, e só se me ocorre dicir que espero que as galletas non sexan de cor verde. A repostería creativa toléroa ata certo punto.

    ResponderEliminar
  20. Infinitérrimos parabéns!!!! Seguide así, que sodes inspiración para os meus pratos (e tamén desastres pola minha parte) de fin de semana!!! Un muais e seguide así de ben. Forza que vos mando!!!!
    Un biquinho,
    Iris!!

    ResponderEliminar
  21. Antes de nada os meus parabéns! A torta ten unha pintaza. Haberá que facela antes de dar por concluído o Nadal.
    Vanesa

    ResponderEliminar