mércores, 21 de maio de 2014

Torta de froitas

A de hoxe é unha torta, mais un pouco diferente xa que a pesar de ser moi moi saborosa é un pouco máis saudábel xa que está constituída a base de froitas. Talvez este sexa unha das melloras sobremesas para o verán, xa que nos axuda a refrescar, e actúa de complemento perfecto para un xantar ou cea lixeira.
Iso si, prestade atención a cantos sodes para comer, xa que esta torta, polas súas características, dura moi pouco. Os comensais van repetir xa que non farta nada e apetece moitísimo.

Torta de froitas

Ingredientes:

Para la masa:
  • 175 gr de fariña
  • 90 gr de manteiga
  • 90 gr de azucre
  • 4 ovos
  • Unha culleriña de esencia de vainilla
  • Un chisco de sal
Para o recheo:
  • Crema pasteleira (receita aquí)
  • 1 mazá
  • 2 kiwis
  • 1 laranxa
  • 1 vaso de xelatina ao gusto (nós usamos de amorodo)
Elaboración: 

Colocar a fariña, peneirada, nun recipiente e facer un oco no medio para botar o resto dos ingredientes (as xemas, a mateiga, o azucre, o sal e a vainilla). Mesturamos ben até formar unha bóla, que envolveremos en papel transparente e refrixeraremos 30-45 minutos. 




Pasado ese tempo, temos de estirar a masa e colocala sobre o molde que imos utilizar, tamén pinchamos a masa cun garfo. Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 10 minutos, tapando a masa con papel de aluminio e despois 5 minutos máis sen o papel. Deixamos que arrefríe e desmoldamos. 




Cando estea completamente fría, colocamos a base no prato e pintamos coa xelatina. Nós oq ue fixemos coa xelatina e facela seguindo as instrucións da caixa e, antes de que se solidifique totalmente, utilizala para a torta. 


De seguir, botamos a crema pasteleira e as froitas peladas e cortadas en tiras. Nós colocámolas en forma de flor, primeiro a mazá no exterior, despois o kiwi, a laranxa e repetimos. Para rematar, pintamos, de novo, coa xelatina para que sexa máis brillante. Refrixeramos durante 2 horas para que arrefríe e o resultado sexa aínda mellor.






Como vedes, xa apetece comela cos ollos. Tedes a opción de facelas pequeniñas, e individuais, aínda que como teñades un pouco de fame ben podedes comer esta enteira. Eu fíxena na casa, e entre catro comímola nunha soa sobremesa. A verdade é que saíu boísima coas froitas que escollín, mais xa sabedes, isto é cuestión de gustos, e podedes optar polos vosos produtos preferidos. A min ocórreseme por exemplo facela só de amorodos e plátanos, o que sería tremendamente doce e saborosa. Mais como a crema xa é bastante doce, preferimos escoller algunha froita algo máis ácida como a laranxa.
Pois espero que probedes a facela unha vez canto menos, e asegúrovos que habedes namorar dela e a quereredes facer frecuentemente. Aí vos vai esta delicia lambisqueir@s!!!


4 comentarios:

  1. Te ha quedado de relujo y lo mejor es que estaria de muerte de relenta,de buena gana me comia un trocito ummmmmmmmmm.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polo teu comentario e para a próxima xa te avisamos :) haha!
      Bicos!

      Eliminar
  2. Moi boa pinta!!! Agora só queda que volva o bo tempo! ;)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a verdade é que xa tarda o verán para comer este tipo de larpeiradas que, con este tempo, non apetecen tanto...
      Moitas grazas polo comentario.
      Unha aperta :D

      Eliminar