Despois dunha ensalada tan lixeira e saudábel como o TREMPÓ que trouxemos o xoves, pois tiñamos que volver cunha desas tortas que tanto nos gusta, aínda que a de hoxe é ben especial tanto porque tentamos darlle un lixeiro aspecto tenebroso polo Samaín que se nos achega e sobre todo por ser ideada para o aniversario dunha amiga moi especial que celebraba nada máis e nada menos que a pasaxe á maioría de idade. Parabéns unha vez máis Tamara!! ;-) E como sabiamos que as caveiras lle encantan, pois a conxunción para o Samaín era perfecta. Así mesmo, co recheo, debía de ser crema de Kinder para asegurarnos o triunfo! Unha torta moi persoal mais que seguro que a tod@s vos gustará.
Torta caaveira para Samaín
Para o biscoito:
- 400 ml de nata (35% materia graxa)
- 300 gr de azucre
- 300 gr de fariña de forza
- 50 gr de fariña de trigo
- 6 ovos
- 1 cullerada de esencia de vainilla
