Hoxe comezamos unha nova sección, Receitas fugaces, pratos para facerdes en moi pouco tempo. A primeira, o biscoito fugaz, é perfecto para un almorzo ou merenda sen tempo a outra cousa, ou tamén para saírdes dalgún apuro ante unha visita imprevista. Sen dúbida esta receita resulta de moitísima utilidade e comprobaredes que, a pesar da súa rapidísima preparación, o sabor é moi sorprendente. Un biscoito ideal para @s máis preguiceir@s que non gosten de botar moito tempo na cociña.
Biscoito fugaz
- 4 culleradas de fariña.
- 4 culleradas de azucre.
- 4 culleradas de leite.
- 3 culleradas de aceite
- 2 culleradas de cacao en pó.
- Media culleriña de lévedo.