Amosando publicacións coa etiqueta Madalenas de crema de cacao con abelás. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Madalenas de crema de cacao con abelás. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de xuño de 2020

Madalenas de crema de cacao con abelás

Bo día, bolboreteir@s! Nova receita e regresamos co doce a Bolboretas no bandullo. Desta volta unha que tiñamos gardada de unas semanas atrás cando celebramos un aniversario cunha sobremesa contundente coma esta. Aínda que é certo que as madalenas son unha lambetada apta para calquera momento do día. A nós encántannos ao almorzo, á merenda, de sobremesa...
Só é preciso pertencer ao club dos bos lambóns e gozar de ideas chocolateadas coma esta, na que non hai nin unha soa miga que non nos adoce bandullo e corazón. Velaquí a tedes.




Madalenas de crema de cacao con abelás



Ingredientes: 


  • 380 g de crema de cacao con abelás 
  • 150 g de fariña 
  • 3 ovos