Última publicación do ano xusto no día en que se cumpre o 4º aniversario de Bolboretas no bandullo. Que contentos estamos, amig@s! Como pasa o tempo. Parece que foi onte que comezamos esta andaina cunha entrada de presentación e que se vería acompañada no día 31 pola primeira receita, unha espectacular Torta de profiterois. E aí seguimos, cheos de ilusión e con moitos proxectos por levar a cabo. A vida foi cambiando mais as nosas ansias larpeiras non decrecen!
E así pois, rematamos o 2017 cunha nova idea para os menús especiais destes días. Un petisco elegante co que dar inicio a un banquete cheo de delicias.
Obviamente, esta idea serve para calquera momento do ano aínda que é certo que nós pensamos nela para estas datas polo feito de seren bastante frescos, lixeiros e rapidísimos de facer. Os pratos principais adoitan roubarnos todo o tempo polo que nos queda pouquiño para os petiscos. Pois este cumpre a demanda e satisfainos.
Por certo, antes de nos pór a saborear. Recordade que hoxe é o último día para participar no sorteo dun exemplar de "Os arquivos de Escarlatina".
Dúas opcións: para seguidores/as de Facebook, abonda con compartir calquera entrada das que falabamos do sorteo na propia páxina e seguir a mesma.
Para @s do Twitter ou Instagram, abonda con comentar nunha das últimas entradas do blogue e seguir a páxina nunha desas redes sociais. Moita sorte!!
Volováns
Ingredientes:
- 20-25 gambas
- 9-10 volvováns grandes
- 1 aguacate
- 1 tomate
- 1 cebola
- 1 dente de allo
- 2-3 culleradas de maionesa
- Aceite de oliva
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: unha tixola, táboa e coitelo, unha cunca e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de rustrir as gambas e o dente de allo picado en dúas culleradas de aceite. Retiramos e reservamos.
De seguir, picamos a cebola e o tomate ben picados.
Tamén o aguacate.
Botamos a metade das gambas troceadas e mesturamos moi ben e salpementamos ao noso gusto.
Agregamos a maionesa e remexemos de novo.
Reenchemos os volvoláns e colocamos unha gamba sobre o recheo.
Refrixeramos 1-2 horas e xa estarían listos para comer!
Máis fácil? Si, se os encargamos feitos, pero iso perdería moita graza, non? Ademais, como sempre vos dicimos, este tipo de receitas permiten deixarmos a nosa pegada con aqueles produtos que máis nos apetezan. Así pois, podedes aproveitar algún dos sobrantes dos mariscos ou peixes de Noitevella e integralo nesta receita.
Ben, amig@s. Aproveitade para repasar as receitas máis apetitosas, cociñalas e para participar neste sorteo que remata hoxe. Mañá anunciaremos, por fin, as persoas gañadoras dos dous exemplares.
Fortísima aperta e moi feliz entrada de ano!!
Parabéns...4 anos moi saborosos
ResponderEliminarIntentamos que así sexan!
EliminarApertas!!
Feliz año nuevo ,seguro que esos volovanes estaban de muerte relenta no lo siguiente ,os han quedado de relujo.
ResponderEliminarFelicidades por el 41 cumpleblog auque llegue con retraso he estado unos dias desconectada del blog.
Bicos mil wap@s.
Mil grazas, bonita!
Eliminar