martes, 24 de marzo de 2020

Abano de carne con patacas ao forno

Un día máis, un día menos, que diría o outro. Non sabemos vós mais aquí estamos aproveitando bastante estas semanas no tempo que nos deixa o famoso teletraballo.
Imaxinación ao poder co pequeno e creatividade a tope na cociña. Iso si, imos ter que ir parando coas receitas doces porque senón... haha.
Desta volta, fixemos unha receita de finde, de xantar especial cunha carne un chisco diferente que nos deixou encantadísimos. Ollade que sinxela e que pedazo resultado!





Abano de carne con patacas ao forno


Ingredientes:


Para a carne:

  • 1 peza de lombo
  • 10-12 lascas de bacon
  • 10-12 lascas de queixo
  • 75 ml de aceite
  • 1 culleriña de allo en po
  • 1 culleriña de ourego
  • 1 culleriña de pemento doce
  • 1 culleriña de pemento picante
  • Pementa moída
  • Sal

Para as patacas:
  • 3-4 patacas
  • 1 cullerada de tomiño
  • 1 culleriña de allo
  • 1/2 culleriña de pemento doce
  • 1/2 culleriña de pemento picante
  • Pementa moída
  • Sal
  • Aceite de oliva

Utensilios: unha táboa e un coitelo, dúas cuncas aptas para o forno e un pincel.



Elaboración:

Para comezarmos, temos que facer cortes á carne en horizontal, sen chegar ao fondo. Reservamos. 




A continuación, mesturamos o allo, o ourego, os pementos, a pementa moída e o sal co aceitel.










Pintamos a carne por onde fixemos os cortes. Neses mesmos cortes, repartimos as lascas de bacon e queixo para que queden cubertos.


Atamos a carne para que non se abra durante o forneado e colocámola na fonte en que a imos cociñar. Colocamos ao redor as cenorias cortadas en lascas.

Regamos coa cervexa e o brandy.


Enfornamos a 200º, calor abaixo e ventilador, durante 1 h 30 minutos.


Cando á carne lle queden 45 minutos, cortamos as patacas e adobámolas e metémolas no forno xunto á carne. 


Pasados eses 45 minutos, xa estaría todo! Cortamos a carne e servimos ;) 


Agardamos que vos guste! A nos sorprendeunos moito e logramos o obxectivo, que o lombo non ficase seco xa que o bacon e o queixo especialmente deixaron pegada. A gozala! Aperta e moito ánimo, bolboreteir@s!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario