martes, 1 de maio de 2018

Salmorejo de amorodos

Que ben se levanta un para un día de folgar, non? Pois ben gañado o tedes, así que aproveitade para vos dar descanso e como non, para levar a cabo algunhas das receitas que tedes pendentes desde hai un tempo.
Por se non eran suficientes, hoxe traémosvos unha máis, pensada para a primavera-verán, especialmente para aqueles días de calor en que non apetece máis que algo fresco.
De seguro que todos probastes algunha vez o salmorejo,  este gaspacho típico de Córdoba e que se caracteriza por unha maior consistencia. Nós queriamos preparar unha nova versión e na rede vimos a xenial idea de Nenalinda, que collemos prestada inmediatamente.
Para perderdes moi pouco tempo e desfrutardes moito, aquí vai o salmorejo de amorodos.




Salmorejo de amorodos


Ingredientes:

  • 1 kg de tomates
  • 400 g de amorodos
  • 1 anaco de pan
  • 1 dente de allo
  • 150 ml de aceite de oliva
  • 2-3 culleradas de vinagre de sidra
  • 2-3 follas de alfábega fresca
  • Un chisco de sal


Utensilios: unha cunca, un coitelo e un batedor eléctrico.



Elaboración:


Para comezarmos, temos de lavar e cortar os tomates, botámolos nunha cunca. 


Engadimos os amorodos e o dente de allo. (Nós xa trituráramos parte do tomate porque non nos collía na cunca, despois, como veredes, cambiamos para unha máis grande).


Engadimos o aceite, o pan e trituramos moi ben. 


Agregamos o vinagre, o sal e a alfábega. Trituramos de novo e probamos por se temos que corrixir de sabor. 


Metemos no refrixerador durante, como mínimo, 2-3 horas e xa estaría listo para comer! Agardamo que vos guste! 


Ollade, que apetitoso! Nada mellor para unha cea lixeira que un destes pratos. Nós xa andamos agardando polos tomates caseiros tirar deles día tras día pois é un dos produtos que nunca falta na nosa cociña... Normal, mirade vaia delicias se poden facer con eles...
Agardamos que desfrutedes a nova receita. Fortísima aperta, bolboreteir@s!

2 comentarios:

  1. Muchaaaaaaaaaas gracias por la mencion ,me alegra que os haya gustado y os hayais animado hacerlo,a mi me rechifla este año ya lo he preparado tres veces las fresas estan riquisimaaaaaaas y ahora que han bajado de precio no me canso de comerlas, teneis que hacerlas escabechadas en las ensaladas son lo mas y con los helados ni os cuento.
    Os ha quedado un salmorejo de relujo para no variar.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas a ti pola receita! Nós encantados, que está boísimo!!! Sii, nesta casa os amorodos pouco duran, a verdade, hahaha! Pois imos probar a facelas en escabeche, que seguramente tamén nos encante!
      Apertas!!

      Eliminar