Bo día, bolboreteir@s! Encollestes con tanta auga? Nós pasamos unha fin de semana algo fastidiados da gorxa e do estómago mais imos pouco a pouco para diante. Iso si, andamos con pratos lixeiros de momento.
Hoxe presentámosvos unha receita que nos viña solicitando un amigo seguidor desde hai xa unhas cantas semanas. E con razón, porque aínda non nos acabamos de explicar como estaba Bolboretas no bandullo sen pesto até agora. Un clásico dos mollos italianos que dificilmente pode ser máis sinxelo. Ideal así para @s que procurades unha outra opción para a pasta alén dos spaguetti con tomate. Chega con triturar e... degustar! Imos por ela!
Pesto de améndoas
Ingredientes:
Para acompañar:
Utensilios: un batedor eléctrico, unha pota e unha tixola.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar as améndoas, o parmesano, o dente de allo e a alfábega.
De seguir, imos agregando, pouco a pouco, o aceite mentres seguimos batendo. Se vedes que queda moi espeso, engadimos unha pouca de auga.
E xa teriamos o pesto listo para comer!
Agora ímosvos dar unha opción para comelo con pasta! Cocemos a pasta seguindo as instrucións do paquete e rustrimos nunha tixola os tomatiños cherry en dúas culleradas de aceitas e un chisco de sal.
Cando teñamos a pasta lista, engadímola aos tomatiños e mesturamos moi ben.
Servimos acompañados da salsa pesto e xa estaría listo para comer!
Agardamos que vos guste e que a poñades en práctica porque, como vedes, é moi sinxela de facer.
Xa vedes que apetitoso! Nós de momento probámolo con pasta fresca mais pensaremos en novas saídas para este mollo que de aquí en diante estará na nosa listaxe de salsas preferidas, especialmente para días de apuro. Forte aperta, bolboreteir@s!
Hola chic@s espero que ya esteis bien del estomago y de la garaganta ,pintaza tiene ese pesto con almendras seguro que esta de rexupete a la foto me remito no deja de decirme comeme.
ResponderEliminarBicos mil y feliz finde wap@s.
O pesto delicioso!
EliminarMil grazas por pasarte!