Bolboreteir@s. Tiñamos ganas de sábado e non só para folgar senón para comunicar de novo con vós que xa sabedes que é unha das nosas grandes paixóns. A fin de contas, Bolboretas no bandullo existe grazas a todas as persoas que nos ledes día tras día.
Ben, pois a de hoxe é unha receita que nos fai especial ilusión pois levabamos un ano coa vaporeira na casa agardando a preparar este prato que nos ten conquistado. Esta semana que pasou deixounos un oco e puxémos punto final a estas ansias. Bon, realmente punto e aparte, porque temos ganas de máis, haha.
A estas alturas supoño que xa todos e todas coñecedes o pan bao que cada vez está a ganar máis sona grazas ao esplendor da cociña asiática. Sexa como for, estamos perante un pan de envolver super saudábel xa que se cociña con vapor mantendo intactos todos os nutrintes. A pesar do toque esplendoroso dos últimos anos, na China e en Asia en xeral segue a ser considerado un "bocadillo de rúa" que se converte nun clásico especialmente no ano novo.
O concepto "bao", que ten a ver co feito de envolver, permite xogarmos cos ingredientes do recheo aínda que se adoita optar por costela de porco ou ben variantes vexetarianas. Nós presentámosvos aquí a nosa, co afán de vos abrir o apetito.
Pan bao recheo
Ingredientes:
- 225 g de fariña
- 125 ml de auga
- 15 g de lévedo fresco
- 1 culleriña de azucre
Para o recheo:
Elaboración:
Para comezarmos, temos de mesturar a fariña co bicarbonato e o azucre.
A continuación, diluímos o lévedo na auga e engadímolo á mestura anterior.
Amasamos moi ben e deixamos repousar 30 minutos.
Pasado ese tempo, facemos pequenas boliñas, do tamaño de albóndegas e deixamos repousar outros 30 minutos.
A continuación, estiramos as bolas, dándolles forma ovalada.
Cortamos cadrados co papel vexetal e doblamos a masa á metade.
Despois, quentamos unha pota con auga e colocamos a vaporeira. Poñemos dentro o pan e deixamos que se cociñen durante 8-10 minutos. Para que vos sexan máis fáciles de retirar despois, podedes pór papel vexetal tamén no fondo da vaporeira.
Retiramos e poñémolos nunha cunca, mentres facemos o resto, é mellor tapar cun pano para que non arrefríen.
E chegou a hora de montar os nosos panes! Colocamos no fondo unhas follas de canónigos ou leitura, a carne da costela en anacos e, por último, unha pouca de maionesa.
E xa estarían listos para comer! Que aproveite! Vedes que a dificultade é mínima. O caso é atreverse e como vos dicimos sempre, isto é fundamental na cociña para chegarmos a estes pratos novos e diferentes que nos permiten sorprendernos día a día e degustar de sabores moi afastados da nosa cultura.
Ben, entón, atrevédesvos a lle pegar un bocado a este clásico das rúas asiáticas? Seguro que si, forte aperta, bolboreteir@s!
Nunca he preparado ese pan y despues de leeros veo que no es tan dificil , tomo nota no dudo lo mas minimo que esten de rexupete , os han quedado divinisimooos.
ResponderEliminarBicos mil wap@s.
Non, é moi sinxelo e está moi rico! Ademais, ao estar feito ao vapor, é moi saudábel 😋
Eliminar