sábado, 2 de decembro de 2017

Árbore natalicia de espinacas e pistachos

Bo día, bolboreteir@s! Como apetecen estas fins de semana frías, verdade? Meternos na calor da cociña a preparar novas receitas e despois de cociñalas e papalas, unha boa dose de sofá e manta. Ummmm, que ben soa o plan, haha.
Pois precisamente se andades a procurar novas ideas, traemos unha ideal para este novo mes de Nadal. Ehem, mais Bolboretas no bandullo non dixera que quería traer algunha receita saudábel para compensar por adiantado o Nadal? Pois claro, de feito, hoxe combinamos Nadal e unha receita moi apetitosa e ao mesmo tempo saudábel, especialmente pola inclusión dunha verdura tan beneficiosa como as espinacas e uns poucos de froitos secos.
E que ten de natalicio? Pois como vedes, unicamente a forma, mais como nestas datas, especialmente os días grandes se adoita tirar proveito dos centros de mesa, decidimos que o centro de mesa for un aperitivo do que irmos arricando as pólas comestíbeis. Soa ben, non? Pois o sabor, mellor!



Árbore natalicia de espinacas


Ingredientes:

  • 2 láminas de follado
  • Queixo crema ás finas herbas
  • 300 g de espinacas
  • 4-5 tomates deshidratados
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 50 g de pistachos
  • 1 ovo batido
  • Pementa moída
  • Sal
  • Aceite de oliva

Utensilios: unha tixola, unha culler, unha bandexa de forno e papel vexetal.


Elaboración:

Para comezarmos, temos que rustrir o dente de allo e a cebola ben picadiños en dúas culleradas de aceite.

Agregamos tamén o tomate deshidratado, cortado en tiras. 


Cando estean ben rustridos, engadimos as espinacas e mesturamos ben. Cociñamos 5-6 minutos.

Mentres tanto, untamos unha lámina de follado co queixo crema con finas herbas. Botádelle unha boa capa porque así terá máis sabor. 


Sobre o follado, tamén colocamos o rustrido das espinacas, sobre todo, polo centro da masa. 


 Cubrimos coa outra masa e apretamos ben os bordos.


Agora temos que darlle forma á nosa árbore. Cortamos en forma de triángulo deixando na parte de abaixo a forma do tronco. De seguir, cortamos os laterais (os que serían as pólas) en tiras, tal e como vedes na foto. 


Enrolamos as tiras sobre si mesmas e pintamos co ovo batido. 


Enfornamos a 210º, calor arriba e baixo, durante, aproximadamente, 15 minutos. 


E xa estaría listo para comer! Agardamos que vos guste. Esta árbore, como dixemos, sérvenos para lograr unha fermosa mesa de Nadal mais sobre todo un menú ben completo cun petisco completamente diferente e moi moi apetitoso. Adiante coa idea. Agardamos as vosas execucións. Fortísima aperta!!


7 comentarios:

  1. Buenos dias! Muy interesante la presentación!
    El tomate puede ser natural en lugar de deshidratado? Y los pistachos? , supongo que en el relleno.; o son para adornar?
    Gracias y muy buen mes de navidad.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Moitas grazas por comentar! O tomate deshidratado si se pode cambiar por tomate natural aínda que vai estar igual de rico, cambiará un pouco o sabor! Os pistachos van no recheo, mais tamén se poden usar para decorar ou pódense cambiar por outro froito deco 😉!
      Unha aperta!

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Xenial! Ideaza para sorprender o meu mozo! :-)

    ResponderEliminar
  4. Uummmmmmmmmmm que rico tenia que estar ,ademas de quedarte de relujo que arte y que manos tienes.
    Una pena no poder catar un trozo ummmm me marcho con los dientes largos largos.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas! Nós repetirémolos para estas festas, que queda moi vistoso 😘😘

      Eliminar