martes, 29 de marzo de 2016

Bagels caseiros en dous xeitos

Como vai todo? Agardamos que como mínimo, moi ben. E senón, aquí estamos para axudar con novas receitas.
Ultimamente andamos algo atarefados por cuestións laborais, o que non nos deixa moito tempo para facer tantas novas receitas como quixésemos, e algunhas que facemos xa procuramos que sexan rápidas para non perder moito tempo ou que se podan reaproveitar. E nesta liña vai o prato de hoxe. Evidentemente, ao igual que todas as masas, non se caracteriza pola velocidade posto que hai que amasar, levedar, volver amasar, dar forma, cocer... Ben, mais danos a posibilidade de facer unha boa cantidade para conxelar e da que tirarmos posteriomente beneficio en múltiplas ocasións. Ou esa foi a nosa intención para estas semanas de apuro.
A sona deste produto vén dada polas panadarías e pastelarías dos Estados Unidos de América, recorréndonse alá a eles con moitísima frecuencia polas múltiplas posibilidades que ofrece, tanto doces como salgadas. E parece que chegou a América coa entrada de xudíos na súa fuxida durante a II Guerra Mundial, facéndoos moi coñecidos sobre todo en cidades como New York ou Boston,
Porén, a súa orixe remóntase ao século XIX, cando un panadeiro austríaco agasallou ao rei Xoán III de Polonia este pan enfornado polo seu papel na vitoria contra os otomanos. Parece pois, que esa forma circular se asemellaría aos estribos para montar a cabalo, unha das grandes afeccións do monarca. Curioso, canto menos. Mais sobre todo, saborosos!  


Bagels caseiros en dous xeitos

Ingredientes (para 6-8 unidades):

Para a masa:
  • 420 gr de fariña
  • 225 gr de auga morna
  • 40 gr de azucre
  • 25 gr de lévedo de panadaría
  • 2 culleradas de aceite
  • 2 culleriñas de sal
  • 1 ovo batido
  • Auga para cocer
Para o recheo:

Opción 1:
  • 1 aguacate
  • Pavo
Opción 2:
  • Brotes variados
  • Lombo embuchado
  • Queixo San Simón
Utensilios: batedor eléctrico ou espátula, unha tixola, un pincel, papel vexetal e unha fonte de forno.

Elaboración:

Para comezarmos, temos de diluír o lévedo na auga. Reservamos.


De seguir, mesturamos a fariña co azucre, o aceite e o sal.


A continuación, engadimos o lévedo e amasamos até conseguir unha masa elástica homoxénea e elástica. 










Tapamos e deixamos repousar 45-60 minutos tapado con filme transparente ou cun pano. O tamaño aumentará notabelmente, aínda que reducirá de novo unha vez argallemos con ela.










Despois, facemos pequenas boliñas ás que lles facemos un oco no centro. Deixamos repousar 15-20 minutos.


Enchemos a tixola con auga ao lume e, cando comece a ferver, engadimos os bagels e deixámolos un par de minutos por cada lado.


Colocamos os bagels sobre a bandexa de forno cuberta con papel vexetal.


Pintamos co ovo e empoamos co sésamo.


Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 20-25 minutos.


Deixamos repousar 5 minutos e abrímolos ao medio para reencher.  Nós, neste caso, fixémolos de dous tipos: o primeiro con aguacate e pavo e o segundo con queixo San Simón, lombo embuchado e brotes variados.


Tapamos e xa estarían listos para comer!


Dámosvos dúas opcións para reencher estes bagels mais podédelo facer do que máis vos guste, incluso con ingredientes doces, claro. Aquí optamos polo que críamos máis conveniente para a cea, nunha versión supersaudábel, co aguacate e pavo, e outra non tan saudábel mais igualmente saborosísima.
Mais cómpre confesar un segredo. Un xa o papamos en solitario, porque está tan boa esa masa, mmmm... E así, tivemos unha boa cea, e xa nos agardan no conxelador, máis bagels para encher esaír do apuro en vindeiras ocasións. Que descuberta!
Bo martes, amig@s!!


6 comentarios:

  1. Eu xa os como soiños!! nin falta me fai meterlles recheo jejejeje.

    Bicossss

    ResponderEliminar
  2. Oohhhhhhhhh que bonito esta el blog veo que teneis nueva imagen ,me encantaaaaaaaaaa ,sabias que me encantan las mariposas en mi primera plantilla estaban muy presentestanto en la cabecera como en el blog.
    Los bagels de relujoooooo y seguro que los rellene con lo que los rellene estaran de muerte relenta ,vete sacandome dos del congelador que voy a cenar uummmmmmmmmmm.
    Bicos mil y feliz finde wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ohh!! Moitísimas grazas! Alégranos moito que che guste!
      E podes vir cear, nós encantados!! Mais despois imos nós á túa, hahaha!!
      Mil apertas e feliz finde!

      Eliminar
  3. encantada de conocer tu blog, y los panecillos se ven deliciosos , besitos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas! Agadarmos que veñas para quedarte e que desfrutes cos nosos pratos!!
      Un bico enorme!

      Eliminar