sábado, 10 de xaneiro de 2015

Galletas azuis

Imos cunha nova receita, moi sinxeliña, saborosa e atractiva aos ollos. Para a noite de fin de ano tivemos un encargo especial aquí en Viveiro. Un dos locais de referencia da noite viveiresa quería agasallar as súas clientas e clientes cuns petisquiños, a poder ser da mesma cor que dá nome ao pub, así que, non había máis que pensar. Como a do 31 para o 1 é unha noite sen fame despois da enchenta correspondente, queriamos facer algo moi lixeiriño mais que si chamase a atención así que elaboramos unhas pequenas galletas en forma de bolboretas e tinguidas dunha intensa cor azul. Combinabamos pois, o nome do Blue Bar co de Bolboretas no bandullo. A ver que vos parecen estes doces petiscos :-)


Galletas azuis

Ingredientes:
  • 300 gr de fariña
  • 150 gr de manteiga
  • 80 gr de azucre
  • 2 xemas
  • 1 culleriña de vainilla
  • 1 culleriña de colorante azul
  • Un chisco de sal

Utensilios: recipiente, papel vexetal, bandexa de forno, rolete e cortapastas.



Elaboración: 

Para comezarmos, temos de peneirar a fariña co sal e botalos nun recipiente bastante amplo (para poder amasar ben).


A continuación, engadímoslle a manteiga en pomada, o azucre, as dúas xemas, a vainilla e o colorante e mesturamos ben coa axuda das mans. 






 Amasamos até formar unha bola, estendemos a masa sobre papel vexetal e, coa axuda dun molde ou cortapastas, dámoslles a forma desexada. Nós, neste caso, fixemos pequenas bolboretas. 


Enfornamos, co forno prequente, a 170º, calor arriba e abaixo, durante 10 minutos. 



Deixamos que arrefríen, colocámolas nunha bandexa ou nun prato e xa están listas para comer! Estade atent@s porque desaparecerán nun momento ;)
Nós, como non podía ser doutra maneira, pasamos tamén a degustalas, mais xa collimos das últimas, nótase en Viveiro somos moi larpeir@s. Esta é unha outra idea para elaborardes galletas, mais podedes mudar tanto a forma como a cor polas vosas preferidas e facerdes así uns petiscos ben interesantes para impresionardes aos e ás convidad@s. Apertas lambisqueir@s!!


8 comentarios:

  1. En primer lugar felicitarte el año.
    Las galletas divinisimaaaaaaaaaas me encantan te han quedado de relujo.
    Bicos mil y feliz domingo wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Igualmente guapa!! Moitas grazas polo comentario e feliz semana:-)

      Eliminar
  2. Moitísimas grazas!!! Tiveron moito éxito como tódalas túas receitas, ó final da noite non quedaba nin unha soa bolboretiňa. Seguirei contando contigo para futuras ocasións. Bicosss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Se non quedaba ningunha, é un bo sinal! Pois encantada de colaborar contigo e co Blue Bar. Un bico :-)

      Eliminar
  3. ¡¡Fermosas fermosas e moi orixinais!! Non me cabe dúbida de que tivesen moito éxito. ¡Parabéns, chicos! Moi boa forma de escomenzalo ano ¡con doces, como non!

    ¡Bicos a pertas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Cun pouco de doce tod@s somos máis felices, hahaha!
      Moitas grazas polas túas palabras.
      Un bico!

      Eliminar
  4. Parecenme un detallazo chulísimo!!! estou segura de que estaban moi boas. Bicos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! A verdade é que se acabaron moi rápido!
      Un bico guapa!

      Eliminar